domingo, 9 de xuño de 2019

Estudo sobre os Clubs de Lectura no Ensino Secundario de Galicia




O curso pasado desde Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, a través da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos /Asesoría de bibliotecas se nos solicitou a nosa participación nun estudo cualitativo sobre a lectura e os clubs de lectura.
Levamos desde o inicio das convocatorias, co club de lectura e foi unha honra que nos tiveran en conta para esta proposta. Mediante grupos de discusión Julio Abalde e Eduardo Estevez, establecían ides para falar e establecendo un clima de dialogo moi cómodo, tanto os rapaces nunha primeira sesión, como os adultos na seguinte, falaron do impacto que tivo a lectura e o club, en concreto, na súa andaina como persoa.
O venres 7 na Xornada dos Clubs de lectura se nos presentou o a versión pre-publicación para que o coñezamos. Supón un bo punto de partida para analizar o que estamos a facer e tamén nos serve para mellorar o noso traballo.
Moitas grazas aos nosos clubeiros pola súa dispoñibilidade a prestarse como cobayas do estudo e aos seleccionadores por ter pensado en nos, agora nos queda ler este documento:


Ningún comentario :