xoves, 25 de xuño de 2020

Novo site da Olimpiada Cultural



Agora que rematamos o curso, despois de tantos atrancos, retomamos un capítulo que tiñamos pendente, a publicación das probas da Olimpiada Cultural.
Creamos un site específico para que vexades todas as preguntas e respostas das convocatorias anteriores. Ademais de neste post, o podedes consultar na columna da dereita na sección O recanto do Esquío.

Non agradeceremos o suficiente a Juan Casal do CFPI Ferrolterra a súa generosidade en informarnos e formarnos sobre a súa Olimpiada Cultural, son moitos os centros que seguen a súa estela nunha actividade apaixoante, na que, traballando en equipo con deportividade, resolvedes unhas incógnitas moi curiosas.
Norabóa aos participantes destes dóus anos, esperamos que o resto os imite e para o curso que ven poidamos contar con moitos máis, nesta convocatoria foron 23 equipos!!!

Ningún comentario :