martes, 22 de setembro de 2020

Novo nº da revista Entre Estudiantes

 


O número de setembro de Entre Estudantes xa está na rúa. E faio cun especial COVID-19 onde analizamos a incerta volta ás aulas. Ademais, engadimos un interesante artigo de Javier Portillo, Arantzazu López da Serna e Naiara Bilbao, todos profesores da Universidade do País Vasco, onde se preguntan como podemos abordar o ensino oline se a metade do alumnado non ten Internet nin computador en casa...... seguir lendo en Entre estudiantes

luns, 21 de setembro de 2020

Xeografías lectoras na Biblioteca Escolar


A Consellería de Cultura, Educación e Universidade publica o lema e o cartel para as bibliotecas escolares de Galicia de cara a este curso 2020/2021. O lema elixido, XEOGRAFÍAS LECTORAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR, quere  poñer o foco nas posibilidades que ofrece a biblioteca escolar para a construción da persoa lectora a través das distintas actividades que programa e dos recursos que pon a disposición da comunidade educativa. 

Cada libro que o alumnado ten a oportunidade de ler é unha ocasión para ampliar a súa imaxinación e aumentar os seus coñecementos, de aí a importancia da selección de lecturas que se pon ao seu alcance. A ilustradora encargada este ano de interpretar o lema elixido foi Bea Lema, quen nos ofrece unha imaxe evocadora deses mundos imaxinarios que a lectura pode axudar a visitar e construír.

En tempos confusos como os que estamos a vivir cómpre volver ás orixes, ao fundamental: a lectura e toda a súa potencialidade, sen esquecer outras oportunidades da biblioteca escolar para unha formación integral do alumnado. Atravesar o mapa da lectura pode facerse desde distintas ópticas, comezar a viaxe desde distintos portos:

- Pescudar nas lecturas que convidan a viaxar, a explorar, a investigar. Lecturas que nos permiten chegar lonxe sen movernos da escola (ou da casa). Lecturas que axudan a incentivar o inconformismo, a necesidade de coñecer outros mundos, de ampliar a nosa visión, de "ler o mundo". 

- Configurar o itinerario  lector como punto de partida da nosa xeografía lectora.

- Debuxar o mapa das nosas curiosidades, exploracións e descubrimentos a través das lecturas.  Descubrir as relacións entre identidade e lectura.

- Observar o modo en que cambiou a nosa xeografía lectora durante o período de confinamento (os nosos hábitos, as nosas lecturas...).

- Saber que somos os nosos propios cartógrafos, os que organizamos o noso espazo lector (e o noso "liberespazo", o sistema de lecturas que imos creando ao longo da vida).

- Observar o noso corpo como un mapa de coñecemento, achegarnos á práctica da lectura a través do propio corpo. Descubir a capacidade reparadora da lectura. 

- Deixarse levar polas relacións entre cartografía e literatura,  que convidan á aventura (debuxar espazos peritextuais, con mapas e planos que crean expectativas e acompañan na aventura lectora, debuxar mapas que representan mundos coñecidos e mundos imaxinarios, relacionar as nosas lecturas a través de "constelacións literarias", en función da temática, os personaxes...).

XEOGRAFÍAS LECTORAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR convida a explorar todas as posibilidades da lectura: en calquera soporte, en calquera formato, con calquera finalidade; lecturas textuais e icónicas; imaxes fixas e en movemento; lectura de gráficos, planos, mapas ou infografías; lecturas individuais e lecturas compartidas, en silencio ou en voz alta; lectura de ficción e de información; lectura libre e guiada; lectura que nos axude a comprender mellor o noso mundo e lectura que nos axude a entender o mundo dos outros...

Vía Asesoría de BE de Galicia

Obxectivos da Axenda 20-30 para o Desenrolo Sostible

 
Desde a biblioteca do centro proporemos actividades entorno á Axenda 20-30 para o Desenrolo Sostible presentada pola Asemblea Xeral da ONU, un plan de acción a favor das persoas, o planeta e a prosperidade, que tamén ten a intención de fortalecer a paz universal e o acceso á xustiza, lemas e obxectivos que impregnan a programación das bibliotecas escolares.


Día Internacional da Paz

 

É 21 de setembro e o mundo enteiro celebra hoxe o Día Internacional da Paz. Por iso escollemos a foto que podes ver na túa pantalla. Esa instalación que flota sobre o lago Zug, en Suíza, é “O barco da tolerancia”. Unha obra itinerante dos artistas rusos, aínda que fincados en Estados Unidos, Ilya e Emilia Kabakov, que levan anos promovendo unha mensaxe de esperanza. 

A vela está composta por 120 paneis debuxados por outros tantos nenos de distinta procedencia, tanto xeográfica, como étnica, cultural e relixiosa. E percorreu medio mundo co obxectivo de achegar aos pobos utilizando a arte como medio de comunicación. E implicando aos máis pequenos para demostrarnos o que poderiamos facer xuntos se un día aparcásemos as nosas diferenzas.


venres, 11 de setembro de 2020

#MujeresEnLaCiencia

O pasado mes de febreiro, a Dirección General de Divulgación de la Ciencia da Universidad Nacional Autónoma de México dedicou unha serie de infografías a algunhas mulleres dedicadas á ciencia. 

Son 29 as científicas recordadas a través desta iniciativa, mulleres que se dedican a diferentes disciplinas e proceden de países diversos.

Se queredes ver o resto de imaxes... Mulleres na ciencia.

martes, 8 de setembro de 2020

Feria del Libro online

La Feria del libro @eLibro_com se desarrolla desde el lunes 7 hasta viernes 11 de septiembre en YouTube: https://tinyurl.com/y4o96v24 vía  @elibrovictoire

 Del 7 al 11 de septiembre de 2020, más de 25 editoriales de América Latina y España se reunirán para ofrecerle presentaciones de libros, conversatorios con autores y ponencias de actualidad. Transmisión en vivo a través de YouTube. Encuentra más información en Feriavirtual.elibro.net

#FVEL2020 #EducaciónDigital #eLibro


Día Internacional da Alfabetización

 


Xa estamos de volta quentando motores para que có comezo do curso, todo sexa máis doado.

Benvidos a este curso tan estrano no que teremos TODOS que facer un esforzo,
 atemperar os nervos e emocións.