luns, 21 de setembro de 2020

Día Internacional da Paz

 

É 21 de setembro e o mundo enteiro celebra hoxe o Día Internacional da Paz. Por iso escollemos a foto que podes ver na túa pantalla. Esa instalación que flota sobre o lago Zug, en Suíza, é “O barco da tolerancia”. Unha obra itinerante dos artistas rusos, aínda que fincados en Estados Unidos, Ilya e Emilia Kabakov, que levan anos promovendo unha mensaxe de esperanza. 

A vela está composta por 120 paneis debuxados por outros tantos nenos de distinta procedencia, tanto xeográfica, como étnica, cultural e relixiosa. E percorreu medio mundo co obxectivo de achegar aos pobos utilizando a arte como medio de comunicación. E implicando aos máis pequenos para demostrarnos o que poderiamos facer xuntos se un día aparcásemos as nosas diferenzas.


Ningún comentario :