luns, 15 de febreiro de 2021

O Entroido...na casa

 


Esta fin de semana comezan os días fortes do Entroido galego, unha festa que este ano estará moi limitada por mor da pandemia de Covid-19, pero tamén se pode entroidar na casa (coas persoas coas que convivimos) e son moitas as iniciativas que concellos e entidades culturais lanzan estes días para facelo: concursos de disfraces, actuacións musicais e mesmo unha festa gastronómica en rede.

Desde Praza Pública podedes acceder a unha dúcia de convocatorias online do entroido, desde unha mostra sobre as máscaras tradicionais desde o Museo do Pobo Galego ata un concurso de fotografías de doces de entroido...

Ningún comentario :