mércores, 17 de marzo de 2021

Vértices de Versos

 

Para celebrar o Día da Poesía (domingo 21 de marzo), o venres 26 de marzo ás 19:30 grazas ao Concello, na Casa da Cultura vaise proxectar o documental Vértice de Versos.

Vértice de Versos é unha longametraxe documental na que se repasa o acontecido desde os anos 90 no universo poético de Galicia. É un proxecto audiovisual que presta atención ao valor didáctico que permite coñecer a principal fonte literaria galega.

É a primeira vez que un documental se adentra na poesía galega, descubrindo a súa historia, contando a revolución literaria dos 90 e coñecendo como están sendo as novas formas de expresión poética.

Críticos, editores e o propio colectivo de escritores e escritoras explican o que pasou nos últimos 25 anos neste vértice xeográfico. Coñecer de preto a poetas como Yolanda Castaño, Baldo Ramos, Emma Pedreira ou Gonzalo Hermo axuda a comprender esta situación.

Estades todos invitados!

luns, 8 de marzo de 2021

Bibliotecarias a cabalo



Na década de 1930, un grupo de bibliotecarias, coñecidas como as “mulleres dos libros”, montaban a cabalo e levaban material de lectura ás illadas comunidades montañosas de Kentucky.

Moitas persoas que vivían en comunidades illadas tiñan moi pouco acceso a empregos, e moito menos a unha boa educación para os seus fillos. En Kentucky, tiñan comunidades montañosas illadas que só podían obter os seus libros e material de lectura grazas á incrible tarefa das bibliotecarias a cabalo. O presidente Franklin Roosevelt estaba a tratar de atopar unha maneira de resolver a Gran Depresión da década de 1930. A súa administración de Works Progress creou a iniciativa da biblioteca Pack Horse para axudar aos estadounidenses para alfabetizarse máis para que tivesen unha mellor oportunidade de atopar emprego.

Estas mulleres aventureiras cabalgarían ata 120 millas nunha semana determinada, independentemente do terreo ou as condicións climáticas. Ás veces, terían que terminar as súas viaxes a pé se o seu destino estaba nun lugar demasiado remoto e difícil para os cabalos. Seguir lendo en "Soy bibliotecario"
 

Libros pola Igualdade nun ano especial

luns, 1 de marzo de 2021

Olimpiada Cultural 2020/21

Xa estamos de volta coa Olimpiada Cultural, se estades interesados:

Lembrade, tedes ata o 22 de marzo para inscrivirvos, a competición comeza o 5 de abril, sí o luns de Pascua!!!