luns, 20 de setembro de 2021

Comezo do roteiro ao redor do mundo


O 20 de setembro de 1519, Fernando de Magallanes partiu para emprender unha das maiores fazañas da navegación, que serviu para demostrar que, efectivamente, a terra era e é redonda. O mariño portugués partiu desde Andalucía ao mando dunha flotilla formada por cinco barcos (a Trindade, a San Antonio, a Concepción, a Vitoria e a Santiago) e 247 homes. Pero Hernando —como tamén era coñecido o navegante— de Magallanes non estivo só na súa xesta. O luso foi o encargado de comezar a aventura, pero quen a finalizou con éxito, e demasiadas penurias e fatigas, foi o vasco Juan Sebastián Elcano.

A expedición de Magallanes e Elcano, que partía tal día como hoxe, foi a primeira en "percorrer e descubrir toda a redondez do mundo" segundo palabras do propio Juan Sebastián de Elcano como recordamos nunha das Olimpiadas Culturais...

Le máis en Ruta Elcano

Ningún comentario :