martes, 25 de outubro de 2022

Premio Nacional de Investigación para Jóvenes Ángeles Alvariño


Foto de El Correo

Todos lembramos a Ángeles Alvariño, paisana da comarca de Ferrolterra; oceanógrafa, zoóloga e profesora, precursora na investigación oceanográfica mundial, en 1953-54 foi a primeira muller científica nun buque oceanográfico británico, o Sarsia. Pois o Ministerio de Ciencia e Innovación adoptou o seu nome para un Premio Nacional de Investigación para novos científicos nas áreas de ciencias e tecnoloxías dos recursos naturais. Este ano o premiado é Manuel Delgado Baquerizo polos seus estudos do bioma do chan como elemento clave para a saúde e, en definitiva, para a vida, nun escenario de cambio global.

Delgado é líder do Laboratorio de Biodiversidade e Funcionamento de Ecosistemas (BioFunLab) do Instituto de Recursos Naturais e Agrobioloxía de Sevilla (IRNAS-CSIC).

Gústanos saber de ciencia e máis se o premio leva o nome dunha recoñecida científica galega.

Norabóa a Manuel Delgado Baquerizo polos seus traballos  tan importantes para manter o noso ecosistema e protexer a biodiversidade.

Ler máis

Ningún comentario :