venres, 22 de decembro de 2023

Premios I concurso de postal científica de Nadal

O día 21 de decembro, no festival de Nadal do IES Fernando Esquío, coñecimos os nomes dos gañadores do primeiro concurso de postal científica de Nadal. Parabéns aos premiados e moitas grazas a todos por participar!

mércores, 6 de decembro de 2023

45ª Aniversario de la Constitución Española


Celebramos el 45 aniversario de la Constitución Española acercándola a las y los jóvenes, promoviendo sus valores y su vigencia hoy y reivindicándola como el instrumento con el que las próximas generaciones pueden ampliar derechos y conquistar nuevos logros. La Constitución es de todas y para todas las personas que somosEspaña. La Constitución es para ti.
Conócela

martes, 5 de decembro de 2023

Novidades de divulgación para os que aman os libros


Diplomada na Universidade de Dupérré, Hélène Druvert leva máis de dez anos traballando como ilustradora, deseñadora en papel e téxtil. O mundo dos nenos e as súas viaxes son as súas fontes principais de inspiración. Encántalle pasar dun mundo a outro e facer de todo: libros infantís, papel acuñado, deseño de téxtil para o fogar, envoltorios, táboas de surf, vitrinas… Vive entre París e o País Vasco, onde se dedica á serigrafía e á creación dos seus libros dos que hoxe vos mostramos os que xa están á vosa disposición na biblioteca: Océano, Vegetal e Anatomía

xoves, 30 de novembro de 2023

Boletín de Outono 2023


Se queredes velo en pdf cos enlaces premede aquí.

Lembramos a Margarita Salas

Hoxe, por cumprirse anos do seu nacemento, queremos recordar a Margarita Salas, unha científica asturiana que foi un referente da investigaión española, pois, xunto ao seu home, iniciou o desenvolvemento da bioloxía molecular no noso país. Os seus traballos centráronse nun virus que infecta bacterias, o bacteriófago phi29. A través do seu incansable estudo deste virus, Margarita descubriu o sentido de lectura do código xenético, así como a proteína que permite a duplicación do ADN.



martes, 28 de novembro de 2023

RIP Hematocrítico

 


Hoxe estamos de loito pois Feliz Feroz perdeu ó seu autor. Miguel López xa non está pero nos deixou moita obra para lembrarnos del, e non só na escrita para os rapaces que temos nas BEs de Galicia, senón tamén nas redes sociais onde coincidíamos có seu bo xuizo e xeito de ser.
Larga vida nos nosos corazóns ao Hematocrítico.

Lembramos o que nos dixo do seu nome que publicou no seu blog:
Hoy voy a explicar un conceto. El conceto de tróspido.
El origen viene de una conversación oída a medias por un gran amigo en Carral, Zona Cero de millones de nomenclaturas peculiares, pero ninguna como ésta. El fragmento venía a ser éste:
- Pódeste casar coa túa prima,pero sáenche os fillos tróspidos.
A partir de ahí, cojan este vocablo y háganlo suyo. Pasó la fecha del yogur, está tróspido. Tienes el estómago tróspido. En el chino venden muñecos tróspidos, etc etc.
El uso más popular de tróspido se da en las expresiones " la mano tróspida " y " el codo tróspido " que es como se llama el popular chascarrillo de meter mano disimuladamente en un pub lleno restregando la mano así como intentando pasar, o frotar unos pechos con el codo del brazo del cubata.Poco satisfactorio, pero bueno...
Así que ya sabéis...¡extended la palabra!.No me seáis tróspidos.

luns, 27 de novembro de 2023

Xornadas micolóxicas de Neda

Hoxe abre o prazo de inscrición para as terceiras Xornadas micolóxicas de Neda, organizadas pola Asociación micolóxica Viriato en colaboración co Concello. Trátase dunha actividade gratuita de iniciación ao mundo dos fungos e dos cogomelos que se desenvolverá do 30 de novembro ao 2 de decembro. Terdes aquí toda a información.

Lembramos a Almudena Grandes no segundo aniversario do seu falecemento

Hoxe é un día de moitas entradas neste blog, porque tamén queremos recordar a Almudena Grandes no segundo aniversario do seu falecemento, unha escritora madrileña galardonada co Premio Nacional de Narrativa en 2018. Gran parte da súa novela ambiéntase na historia recente de España, concretamente na Guerra Civil e a ditadura franquista.

Lembramos a Gloria Fuertes no aniversario do seu pasamento

 

Hoxe tamén queremos lembrar o labor de Gloria Fuertes como bibliotecaria 📚. Nos anos 50 percorreu pequenos pobos sen biblioteca para achegarlles a lectura. Tamén traballou como bibliotecaria no Instituto Internacional de Madrid, onde estudou Biblioteconomía.

Marcha polo bo trato

sábado, 25 de novembro de 2023

Contra a violencia digamos NON


Non podemos mirar para outro lado. Bota unha ollada a estas imaxes e dí se teñen razón!!

Logo, se queres saber máis escolle algunha das obras que atoparás no noso fondo, tanto no pinterest que ves máis abaixo, na selección de libros do corredor ou no noso catálogo pola igualdade e en contra da violencia de calquer tipo.

Ferrol en feminino

 


Saberías dicir os nomes das mulleres da portada deste libriño? 
Cantas mulleres relevantes da nosa comarca coñeces?
Pica na imaxe para acceder ao caderniño


Vía Concellería da Muller. Concello de Ferrol

venres, 24 de novembro de 2023

O amor NON é a ostia

Día Mundial da Evolución

O 24 de novembro celébrase o Día Mundial da Evolución, coa finalidade de recordar dous acontecementos importantes para a humanidade: o primeiro deles, a publicación de A orixe das especies, obra escrita por Charles Darwin en 1859 e, o segundo, o descubrimento en 1974 do esqueleto de Lucy, pertencente á especie Australophitecus afarensis.



xoves, 23 de novembro de 2023

No Día Mundial de Fibonacci lembramos a súa sucesión e a relación coa proporción áurea

Matemáticos de todo o mundo celebran este mércores o Día Mundial de Fibonacci, en honra ao matemático italiano Leonardo de Pisa, tamén coñecido co nome de Fibonacci. porque os primeiros termos da súa sucesión (1,1,2,3,..) conducen ao 23 de novembro en expresión anglosaxoa.

É unha secuencia infinita de números naturais cuxos dous primeiros termos son 1 e 1 e tal que, calquera outro termo obtense sumando os dous inmediatamente anteriores. De maneira explícita, teriamos que a sucesión ou serie é: 1, 1, 2, 3, 5, 8, 13, 21, 34... En xeometría exprésase como espiral de Fibonacci: unha aproximación da espiral áurea xerada debuxando arcos circulares conectando as esquinas opostas dos cadrados axustados aos valores da sucesión; encostando sucesivamente cadrados de lado cos valores establecidos na serie. Está presente en ámbitos tan dispares como a arte, a natureza ou a publicidade.

Fibonacci (1170-1240) está considerado o máis importante matemático de occidente durante a Idade Media, sendo responsable da chegada a Europa da numeración indoarábiga, entre outras.

martes, 21 de novembro de 2023

Novidades_ Las aventuras del Equipo Ciber

 

Yaiza Rubio, una de las principales expertas en ciberseguridad de nuestro país, se convierte en la protagonista de este libro en el que enseñará a los chicos y chicas a utilizar internet de forma segura.

¡Las aventuras del Esquipo Ciber ya en la biblioteca!

xoves, 16 de novembro de 2023

Día Mundial de la Filosofía

 


La filosofía desarrolla el pensamiento crítico y aporta conocimientos que fomentan el diálogo y el entendimiento. Este #DíadelaFilosofía invita a mantener viva la sed de sabiduría que ayuda a desterrar los odios y la intolerancia. Vía UNESCO

mércores, 8 de novembro de 2023

Hoxe conmemoramos a Bram Stoker

 

O 8 de novembro de 1847 nacía en Irlanda Bram Stoker, un neno con graves problemas de saúde que lle obrigaron a pasar na cama a maior parte do tempo ata os sete anos, o que provocou que estudara na casa ata esa idade. Durante este tempo, a súa nai, Charlotte, contáballe lendas sobre Irlanda e faláballe sobre a epidemia de cólera que existira no país anos antes. Tempo despois, ese neno converteuse nun talento da literatura e escribiu numerosas novelas e relatos curtos, pero a súa obra máis célebre, que se converteu nun mito da literatura gótica, e que fixo a este autor coñecido a nivel mundial, foi Drácula.

martes, 7 de novembro de 2023

Premio Cervantes 2023

O escritor español Luis Mateo Díez gañou esta tarde o Premio Cervantes. O autor do reino de Celama, Os anciáns siderais, Laciana: ceo e soño, entre outras moitas obras, académico da Lingua desde 2000, alzábase co máximo galardón da literatura en lingua castelá. O Cervantes volve recoñecer en 2023 o traballo dun novelista tras premiar a poetas nas cinco últimas edicións.

O xurado destacou a súa “prosa singular, que sorprende polos seus continuos e novos desafíos”. Tamén recalcou a “mestura” que nas súas obras acomete entre o culto e o popular, “a súa pericia e dominio da linguaxe”, así como o seu “humor expresionista, paródico ou esperpéntico” co que retrata a complexidade humana.
Apenas unha hora despois do anuncio, Luis Mateo Díez compareceu na Real Academia Española nunha conferencia de prensa chea de humor: “Este premio ten a súa dose de sorpresa e de recoñecemento de algo que un vén facendo durante tanto tempo e, ao final, cando atopas tan alta honra, podedes imaxinar o que supón de satisfacción. Estou encantado da vida”.

Seguir lendo a noticia en El País.

Tal día como hoxe de 1867... naceu Marie Curie


O 7 de novembro de 1867 naceu en Varsovia Marie Sklodowska, máis coñecida como Marie Curie, que foi a primeira muller en recibir un Premio Nobel e a primeira persoa en recibir dous. O seu descubrimento da radioactividade culminou coa incorporación de dous novos elementos á táboa periódica: o radio e o polonio.


sábado, 4 de novembro de 2023

4 de novembro, Día da Ciencia en Galego

 O 4 de novembro conmemórase o Día da Ciencia en Galego e, como xa dixemos nun post anterior, novembro é o Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas Escolares. Para celebralo, a Biblioteca de Galicia realiza varios obradoiros durante todo o mes nas tardes dos sábados. Cada un deles está dirixido a un público de distinta idade

Consulta aquí toda a programación e inscríbete!

venres, 3 de novembro de 2023

Europeana Classroom

Se es educador, estudante ou pai interesado nunha aprendizaxe innovadora, este é o teu lugar! Aquí atoparás unha selección de recursos educativos utilizando a cultura dixital: Europeana Classroom.


xoves, 26 de outubro de 2023

Polo Samaín... disfrutamos do medo, e tí?

 

Saberías dicir o título destas series e películas de medo?
Atréveste a mencionalas?

Participa no concurso con outro compañeiro, anota os títulos no Boletín de Samaín e deixao na biblioteca antes do 10 de novembro.

martes, 24 de outubro de 2023

Como dicía Ray Bradbury

 


Las bibliotecas son guardianas de la historia y el aprendizaje. En este #DíaDeLaBiblioteca, honramos su importancia en nuestra sociedad. on.unesco.org/3rS5GTU

Día das Bibliotecas Escolares.... e calquera outra


Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro,  unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas.

A Dirección Xeral do Libro, o Cómic e a  Lectura, a través da Subdirección Xeral  de Coordinación Bibliotecaria, impulsa a celebración do Día das Bibliotecas, este 24 de outubro de 2023.  
 
"O lema deste ano, "Tecendo Comunidades", pretende destacar o papel fundamental que desempeñan as bibliotecas na construción de lazos fortes dentro das nosas comunidades. Estas institucións son centros de conexión e aprendizaxe, onde as historias, as experiencias e os coñecementos son os fíos que unen aos cidadáns".

Desde a nosa biblioteca aportamos o noso gran de area lembrando un autor de recoñecido prestixio que os nosos alumnos non deben esquecer facendo lectura das súas obras e expoñendo a súa vida e creación literaria. Como sabedes este ano falamos de C.S. Lewis do que tedes a exposición na galería xunto cos materiais para o concurso.

Feliz Día das Bibliotecas porque ler é vivir dúas,
 tres, catro...infinitas veces!! 
Nunca deixemos de ler pois aprendemos a entendernos.

Lede a noticia completa no blog da Asesoría de BEs onde nos mencionan.

luns, 23 de outubro de 2023

Semana Mundial da Alfabetización Mediática e Informacional (AMI)

Na 23 a 29 de outubro: Semana Mundial da Alfabetización Mediática e Informacional (AMI) traemos a proposta da UNESCO "Alfabetización mediática e informacional nos espazos dixitais: Unha Axenda Global Colectiva".

Porque alfabetización hoxe en día é moito máis que ler e escribir, é entender outras formas de comunicarnos. Botade unha ollada ao Pinterest Píldoras ALFIM que tedes á vosa disposición.

venres, 20 de outubro de 2023

Noite Internacional de Observación da Lúa 2023


A Agrupación de Astronomía Coruñesa Ío organiza no Castelo de San Antón, na Coruña, a Noite Internacional de Observación da Lúa, un evento mundial patrocinado pola misión Lunar Reconnaissance Orbiter (LRO) e outras organizacións astronómicas da NASA. Trátase dunha actividade gratuíta e aberta a toda a cidadanía cuxo obxectivo é contemplar o noso satélite a través de prismáticos e telescopios para así comprendelo mellor. Este ano o evento ía ter lugar o día 21 de outubro pero, debido á meteoroloxía, tivo que ser aprazado. Está previsto que se realice no mes de novembro. Estade pendentes!



xoves, 19 de outubro de 2023

Surfear na Rede: Campus FAD porque estar informado é ser intelixente

Educar aos máis novos no uso responsable da internet, ensinarlles a manexar as ferramentas dixitais de forma segura ou fomentar o seu pensamento crítico para evitar a desinformación en contornas dixitais son retos que educadores e familias temos que enfrontar no noso día a día. Surfear a Rede é un programa educativo dirixido a que o alumnado de Primaria navegue con seguridade (Se Xenial na internet) e a que o de Secundaria detecte e evite bulos e outro tipo de desinformación na rede (Eraser).

Tamén dispoñen de moitos outros recursos para que non nos enganen.

martes, 17 de outubro de 2023

No Día das Bibliotecas Escolares, 24 de Outubro, falamos de... C.S. Lewis


Como todos os anos, celebramos o 24 de outubro lembrando un autor de recoñecido prestixio que, quizáis, os nosos alumnos non leron ou non lembran. Neste caso falamos de C.S. Lewis coñecido por ser o autor das Crónicas de Narnia, un mundo de fantasía que non debemos esquecer.
Os alumnos de 1º BAC nos fixeron uns ropeiros fantásticos para ambientar a galería onde podedes ler a reseña biográfica do autor e recoller o boletín de participación no concurso
Tamén podedes atopar máis información no site específico de No Día das Bibliotecas Escolares, 24 de Outubro, falamos de...

Lembrade que sempre hai premios e non deixedes de ler a C.S. Lewis!!
Tedes ata o 30 de outubro para presentar as vosas solucións.

luns, 16 de outubro de 2023

Día das Escritoras: Marilar Aleixandre, Paula Carballeira e Yolanda Castaño

O Día das Escritoras é unha iniciativa organizada entre a Biblioteca Nacional de España, a Federación Española de Mujeres Directivas e Executivas Profesionais e Empresarias (FEDEPE) e a asociación Clásicas e Modernas, Asociación para a igualdade de mulleres e homes na Cultura. Ademais, contará coa colaboración de Asociación Colexial de Escritores (ACE)e o Centro Español de Dereitos Reprográficos (CEDRO). Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.

Como en edicións anteriores, a data elexida é o luns máis cercano á festividade de Teresa de Jesús, o 15 de outubro. A VIII Edición celébrase este ano 2023  o 16 de outubro.

E desde a nosa biblioteca queremos achegarvos e homenaxear a tres das escritoras galegas que están de norabóa recentemente polos seus Premios Nacionais:

• Marilar Aleixandre polo Premio Nacional de Narrativa pola súa novela As malas mulleres.
• Paula Carballeira polo Premio Nacional de Teatro.
• Yolanda Castaño polo Premio Nacional de Poesía.

Tres mulleres, tres galegas de nacemento e de convicción no caso de Marilar Aleixandre. Tres persoas relevantes na nosa cultura e por elas celebramos o Día das Escritoras.



mércores, 11 de outubro de 2023

Una novela con 800.000 autores +1

preme na imaxe para acceder

Pedro Ramos cocreará una novela con 800.000 estudiantes de España y Latinoamérica a través de la plataforma Fiction Express.

martes, 10 de outubro de 2023

10 de outubro, Día Mundial da Saúde Mental

 

Cada 10 de outubro conmemórase en máis de 100 países o Día Mundial da Saúde Mental. Trátase dunha iniciativa da Federación Mundial da Saúde Mental, apoiada pola Organización Mundial da Saúde, que ten como obxectivo concienciar acerca dos problemas de saúde mental en todo o mundo.

Cada ano establécese un tema central para a campaña e, no 2023, este lema é o seguinte: "Saúde mental, saúde mundial. Un dereito universal".

En España contamos cunha entidade, a Confederación de Saúde Mental España, que se encarga de promover a saúde mental.

Mira o que temos no noso catálogo sobre este tema tan relevante, se botas en falta algo, fai a túa recomendación no buzón da biblioteca.

luns, 9 de outubro de 2023

Novidades: Memento mori


Xa na biblioteca a trepidante novela de César Pérez Gellida Memento mori.

Septiembre de 2010. Aquella mañana de domingo nada le hacía presagiar al inspector de homicidios de Valladolid Ramiro San­cho que acababa de dar comienzo una pesadilla que lo dejaría marcado para el resto de sus días.

La investigación del asesinato de una joven ecuatoria­na a la que le han mutilado los párpados y cuyo cuer­po han encontrado unos versos amenazantes, ocupa las primeras páginas de esta novela negra narrada con un dinámico y atrevido lenguaje cinematográfico. Sin embargo, el autor nos arrastra por un camino inespe­rado al describir los hechos desde la perspectiva del propio asesino: un sociópata narcisista influenciado por la música más actual y por las grandes obras de la literatura universal.

venres, 6 de outubro de 2023

Novidade: La Historia de Troya

Un achegamento perfecto para o público máis novo á cultura clásica e os seus mitos, nunha maxistral versión da última gran lenda da Idade Heroica, o asedio de Troia: coa súa caída comeza a Historia.

Roger Lancelyn Green achégase unha vez máis á mitoloxía, nesta ocasión para contar a extraordinaria historia de Helena, cuxo rostro lanzou mil naves ao mar, e a do xuízo de Paris; a da reunión dos todos os heroes e a do asedio de Troia; a do feroz Aquiles e o seu vulnerable talón, guerreiro criado con mel salvaxe e medula de león por un centauro; a de Odiseo, o último dos heroes, e o seu ardid do Cabalo de Madeira, e a das moitas aventuras na súa longa viaxe de regreso a Grecia. A Ilíada, a Odisea, a Eneida, o Agamenón, Ovidio, Homero, Sófocles... Só Lancelyn Green conseguiría recoller nun único volume e para o lector máis novo aos grandes da literatura clásica. 

xoves, 5 de outubro de 2023

Día do Docente

O 5 de outubro celébrase o Día Mundial das e os Docentes. É a data en que a Unesco e Organización Internacional do Traballo (OIT), decidiron render homenaxe a unha das profesións máis valiosas dentro de calquera sociedade: o ensino, os docentes. Esas persoas que teñen o deber e a paixón de formar ás xeracións futuras e así garantir o desenvolvemento dos países.

A elección desta data débese a que ese mesmo día, pero no ano 1966, conmemorouse unha Conferencia Intergobernamental Especial sobre o Estado dos Docentes, para discutir sobre os deberes, pero sobre todo os dereitos do gremio docente a nivel mundial. Desde entón, o labor do docente foi gañando importancia. Tanto é así, que entre os obxectivos da Axenda 2030 de Desenvolvemento Sostible, a educación xoga un papel fundamental e polo tanto proxéctase que, no futuro, fará falta maior cantidade de profesionais nesta disciplina.

Lembremos esta figura cunha serie do obras:

martes, 3 de outubro de 2023

Realidade aumentada e biodversidade no Museo do Prado

A Sociedade Española de Ornitoloxía, SEO/BirdLife, en colaboración co Museo do Prado, presentou estes días un filtro de realidade aumentada que permite contemplar en movemento as aves do cadro El jardín de las delicias, de El Bosco, así como interactuar con elas. O obxectivo desta iniciativa é concienciar a sociedade sobre a importancia de conservar a biodiversidade, pois as especies que aparecen nesta obra de arte están gravemente ameazadas na actualidade, en perigo de extinción.

xoves, 28 de setembro de 2023

Tal día como hoxe... Fleming descubriu a penicilina

 

O 28 de setembro de 1928, o científico escocés Alexander Fleming descubriu a penicilina, un antibiótico producido polo fungo Penicillium chrysogenum. A penicilina revolucionou o mundo da medicina, desenvolvendo un papel esencial no salvamento da vida de millóns de persoas durante e despois da Segunda Guerra Mundial pois, aínda que o seu descubrimento tivo lugar en 1928, non foi ata 1942 cando outros dous científicos, Florey e Chain, lograron a produción industrial deste composto.

Fleming, Florey e Chain recibiron o Premio Nobel de Medicina en 1945 polos seus traballos.

mércores, 27 de setembro de 2023

Yolanda Castaño novo Premio Nacional de Poesía

 
Yolanda Castaño foi galardoada co Premio Nacional de Poesía, correspondente ao ano 2023, pola súa obra Materia, a proposta do xurado reunido este mércores. 
O xurado do premio, concedido polo Ministerio de Cultura e Deporte, destacou a súa obra “pola poderosa proposta poética na que cada estado da materia exprésase nun ton propio, con poemas dunha metafísica doente e orixinal, que apunta tanto á vangarda como á orixe cunha extraordinaria forza evocativa e sensorial”.



martes, 26 de setembro de 2023

Lo que cuentan las estrellas Un recorrido visual por nuestro cielo

 

Percorre connosco o ceo nocturno. Repasaremos xuntos quen foron os primeiros astrónomos e as súas crenzas. Explicarémosche todo o que tes que saber sobre as constelacións, a lúa, as estrelas brillantes e os planetas visibles. Tamén coñecerás os fenómenos celestes menos familiares como os exoplanetas e o espazo profundo.

Ao longo desta viaxe interestelar, exploraremos algúns dos mitos antigos que se esconden tras o noso ceo nocturno, así como os principios científicos que explican o que vemos e o que non nas estrelas.

Xa na biblioteca!!

luns, 25 de setembro de 2023

Unha Biblioteca Escolar en viñetas

"Agora a cousa cambiou bastante, pero eu recordo nos meus anos mozos, cando ía á escola, que os libros de texto para os nenos eran unha cousa espantosa, gris, cheos de letras e letras, e sempre pensei que os nenos aprenderían máis, non xa cos meus cómics, senón con calquera dos da miña época.

Eu véxoo cos meus netos: agora os libros dos críos teñen outra vez moitos debuxiños e tal, pero seguen sendo textos para ensinar. E eu creo que lendo simplemente as historietas, os nenos aprenderían moitísimo máis. Non tan só a ler ou a escribir, senón o que é a historia dun país, o que foi ocorrendo".

 Francisco Ibañez, entrevista en Jot Down no ano 2017.

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional  e Universidades publica o lema e o cartel para as bibliotecas escolares de Galicia de cara a este curso 2023/2024. O lema elixido, Unha Biblioteca Escolar en viñetas, quere poñer o foco en todas as posibilidades que a a banda deseñada ofrece tanto no goce lector como na aprendizaxe curricular.

A imaxe que interpreta este lema proposto para o curso 2023-2024 é obra de Jorge Campos ilutrador, arquitecto e artista do cómic. Un convite a pasear polas viñetas das nosas bibliotecas escolares e a xogar coas cubertas que van de man en man da comunidade educativa.

Un curso para poñer en valor un xénero que cada vez adquire máis protagonismo na colección das bibliotecas escolares de Galicia. Para seguir concienciando que ler cómic tamén é ler, que favorece a primeira alfabetización e autonomía lectora grazas ao apoio visual. Que nos ofrece diferentes capas de lectura na que todos e todas atopamos un espazo ao tempo que favorece a alfabetización visual e artística e o desenvolvemeto da creatividade e a imaxinación.

Botade unha ollada ao noso catálogo de 
banda deseñada, cómic ou manga e atoparedes verdaderas xoias!

mércores, 20 de setembro de 2023

Contra a violencia de xénero dixital


Deplatform Game” é un proxecto lúdico-educativo gratuíto dirixido ao alumnado pre-adolescente, adolescente e as súas familias, cuxo obxectivo é desenvolver o pensamento crítico, previr a violencia de xénero dixital e os comportamentos machistas e sexistas nas Redes Sociais, e máis especificamente no ámbito dos videoxogos. Trátase dunha iniciativa ideada e desenvolvida por PantallasAmigas integrada no Proxecto SIC-SPAIN 3.0.

Son varios os obxectivos didácticos vinculados ás competencias básicas que se pretenden favorecer a través deste recurso educativo:

  • ·   Fomentar unha perspectiva crítica fronte ás actitudes discriminatorias na contorna dixital.
  • ·   Facilitar no ámbito familiar, social e de lecer a identificación dos tipos de violencia de xénero que se producen e fomentar a normalización do debate e a reflexión sobre a igualdade de xénero.
  • ·   Desenvolver unha perspectiva crítica ante a información e os contidos que se atopan na contorna dixital, especialmente ante mensaxes que promoven a discriminación e o odio e os contidos que poden resultar conflitivos.
  • ·   Xerar estratexias de participación activa e positiva e de cidadanía dixital, abordando habilidades para a vida e competencias dixitais.
  • ·   Ofrecer ferramentas a familias, persoas titoras e contorna educativo, creando recursos que poidan ser máis eficaces no proceso de relación e entendemento interxeracional.

Seguir lendo en Pantallas amigas

luns, 18 de setembro de 2023

Mapa do Patrimonio Musical en España


preme na imaxe para acceder

O Instituto Nacional das Artes Escénicas e da Música (INAEM), a través do seu Centro de Documentación de Música e Danza (CDMyD), presentou a súa nova publicación electrónica Mapa do patrimonio musical en España.

O proxecto ten como obxectivo ofrecer un directorio con preto de 360 institucións de todo o territorio español que tutelan este importante aspecto da nosa cultura. Así, o Mapa responde a diversas necesidades de información que se lles expoñen a estudosos e cidadáns interesados no patrimonio musical: onde se atopa, cales son os seus fondos e coleccións, como se accede a eles e que bibliografía especializada xeraron a catalogación e o estudo destes.

A partir de dous das bases de datos do CDMyD -Recursos da Música en España e Bibliografía Musical Española-, elaborouse un directorio que axuda a localizar os fondos e documentos que o usuario precise en cada momento.

O Mapa presenta a localización de arquivos, bibliotecas, centros de documentación e investigación e coleccións museísticas en todo o territorio español; a navegación realízase a través da aplicación Google Maps. Unha liña de procura facilita o acceso a contidos concretos, ofrecendo os resultados tanto no Mapa como nunha listaxe de institucións. Desde calquera destes dous puntos de acceso pódense visualizar as fichas, que conteñen datos de localización da institución, unha descrición dos seus fondos, ligazóns ao catálogo ou inventario cando estes existen, no seu caso o código internacional RISM, ademais dunha bibliografía específica sobre eles.

Seguir lendo a información no INAEM. 

domingo, 17 de setembro de 2023

Stop Móviles


Ata o curso pasado o dixital era a panacea educativa, pero agora a UNESCO sorprendeu cunha petición urxente a todas as escolas do mundo: «Prohiban os teléfonos móbiles!». Os efectos perniciosos nos nenos son abafadores. Xa abundan as iniciativas en todo o mundo para que os menores de 12 anos non poidan usar smartphones. Chega a contrarrevolución tecnolóxica?

IRLANDA. Prohibir os móbiles en todos os lugares. A ministra de Educación, Norma Foley, visitou Greystones, onde oito escolas levan a cabo unha política voluntaria de prohibición dos móbiles para nenos, tanto na escola como na casa, ata os 12 anos. O Goberno estuda se esta iniciativa podería servir de modelo para unha prohibición nacional.

EE.UU. En Silicon Valley, os primeiros en restrinxir. A demanda das escolas de Seattle contra TikTok, Youtube e outras plataformas expandiuse a 10 estados e 44 distritos escolares; entre eles, San Mateo, sede de Meta, propietaria de Instagram e Facebook, aínda que alí excluíuse a esta compañía da querela porque moitos empregados teñen aos seus fillos escolarizados alí. Nas escolas de San Mateo, xa se veta o uso do móbil nos colexios colocándoo nunha bolsa magnética que os inutiliza

SUECIA. Os colexios volven aos libros de texto. «A dixitalización foi un experimento sen o máis mínimo espírito crítico», recoñece a ministra de Educación de Suecia, Lotta Edholm. Da noite para a mañá, o país nórdico ha abandonado esa liña educativa e reinvestiu os recursos que ían destinarse a dispositivos móbiles e videoxogos educativos a libros de texto e máis profesores.

FRANCIA, ITALIA, PAÍSES BAIXOS. Restricións a nivel estatal. Francia, Italia e Países Baixos restrinxiron (a partir de 2024) os móbiles nas escolas a nivel estatal. Con todo, só un de cada catro países no mundo prohíbeos, segundo a Unesco. O país máis restritivo é Australia. Os dispositivos déixanse en casa, e ata os alumnos con permiso para levalos por razóns médicas usan a bolsa de chumbo bloqueante cando non os necesitan

ESPAÑA. Institutos 'libres de móbiles', a discreción do centro. En España non hai consenso: Madrid, Galicia e Castela-A Mancha teñen directrices. No resto de Comunidades Autónomas, a decisión corresponde ao centro educativo. Os profesores quéixanse das dificultades para poñer a limitación en práctica, pero en Cataluña varios institutos xa son 'libres de móbiles'. O IES Arnau Cadell, en Sant Cugat do Vallès, con 700 alumnos, leva tres anos aplicando a medida, e aseguran que «todo son vantaxes», aínda que admiten que implementar a 'dieta' de móbiles foi duro no primeiro ano.

Ler o artigo completo en XL Semanal.