martes, 31 de xaneiro de 2023

domingo, 29 de xaneiro de 2023

30 de xaneiro Día Escolar da Non Violencia e a Paz: Selección de fondos na nosa biblioteca

 Nesta data temos que lembrar todos os conflictos bélicos que arrasan o noso planeta, todos os rapaces que non poden asistir á escola, todas as familias que perderon os seus dereitos por mor da guerra. 

As lecturas poden traer un pouco de cordura ao noso mundo, por iso preferimos as palabras e non as armas!!

30 de xaneiro Día Escolar da Non Violencia e a Paz: Crebacabezas da Paz


Un día para potenciar o fin do racismo, non uso de armas, a igualdade entre todas as persoas do mundo e a defensa dos dereitos humanos. Elixe o quebracabezas que máis che guste, o número de pezas, e facede clic arrastrando as pezas para xogar a resolver os crebacabezas da Paz.

sábado, 28 de xaneiro de 2023

Tal día coma hoxe...

...publicouse "Orgullo e prexuizo" como obra anónima en 1813, Jean Austen con apenas 20 anos a escribía dende a habitación da súa irmá.

A Paz, un reto transversal

Cruz Vermella Mocidade (CRJ) mantén e consolida entre as súas liñas de acción a Educación para a Paz, dentro do Programa de Educación para o Desenvolvemento e Cooperación Internacional, fronte á violencia cultural e estrutural global do século XXI, prestando especial interese ás situacións de desigualdade e inxustiza social.

A Paz foi definida habitualmente como a ausencia de guerra. Con todo, desde CRJ somos conscientes de que o concepto de Paz é moito máis amplo que a simple falta de guerra ou de conflito armado, senón que se trata dun estado de benestar social ou individual onde prima a tranquilidade, a calma e a harmonía e que non se pode alcanzar sen satisfacer primeiro as necesidades básicas das persoas e sen garantir as liberdades civís e políticas, seguridade física, acceso á educación ou dereito á información. Ademais, non se trata de ter a Paz ou non, senón de construíla día tras día. A educación para a Paz preséntase como unha ferramenta de sensibilización, de formación de actitudes e de comportamentos que debe ter un enfoque multidisciplinar dado que afecta a todos os ámbitos e manifestacións da vida humana. O desenvolvemento e modificación de actitudes de respecto, solidariedade, Igualdade, convivencia cultural, tolerancia, resolución de conflitos, non violencia etc. son considerados procesos educativos vitais. O iniciar este proceso de ensino a unha idade temperá facilita considerablemente a adquisición e consolidación dos devanditos valores e actitudes.

Material Didáctico Secundaria:

 

 0.- Introducción - La Paz: un reto transversal - Secundaria

 1.- Fichas La Paz: un reto transversal - Secundaria

 2.- Fichas La Paz: un reto transversal - Secundaria

 3.- Fichas La Paz: un reto transversal - Secundaria

 4.- Fichas La Paz: un reto transversal - Secundaria

 5.- Evaluación - La Paz: un reto transversal ¿ Secundaria

venres, 27 de xaneiro de 2023

30 de xaneiro Día Escolar da Non Violencia e a Paz: Pasapalabra da Paz

 

Preme na imaxe para xogar.

Este luns é o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, e vos propoñemos varias actividades para celebrar esta data tan relevante nun momento no que hai tantos conflictos ao redor do mundo.

Xogo de pasapalabra da Paz con respostas ás preguntas formuladas en orde alfabética relativas a conceptos de paz, como xustiza, amor, convivencia, liberdade... Vocabulario da paz neste xogo de pasapalabra, ideal para celebrar na escola ou en casa o día 30 de xaneiro o Día Escolar da Non-Violencia e PAZ (DENYP). O pasapalabra da paz é un rosco con todas as letras do alfabeto que se irán poñendo vermellas ou verdes en función de se respondes correctamente ou non ás preguntas da paz. Celebra este día en honra a Gandhi, para promover os valores de convivencia e respecto cara aos demais.

luns, 16 de xaneiro de 2023

Erasmus DaDA



Hoxe tivemos a visita do grupo do proxecto de Erasmus DaDA no que participamos, dentro das actividades que organizamos lles presentamos o noso centro e algunha dos proxectos que temos sobre dixitalización, e para iso a nosa biblioteca. Mañá haberá máis.

domingo, 15 de xaneiro de 2023

Erasmus DaDA

Ao longo desta semana teremos varias actividades relacionadas có proxecto Erasmus no que estivemos participando estos últimos anos. Ademais de recibir a profesores e alumnos de Alemaña, Gales e Turquía faremos a presentación do proxecto no evento multiplicador organizado polo CFR de Ferrol. 

Para ver a infografía ao completo premede aquí.

venres, 13 de xaneiro de 2023

25 aniversario da colisión do Discoverer Enterprise contra a ponte das Pías


Hoxe cúmprense 25 anos da histórica colisión do Discoverer Enterprise contra a ponte das Pías. Un suceso que deixou illada á cidade de Ferrol e que fixo máis patente que nunca a necesidade de mellorar as comunicacións.

Os fortes ventos daquela madrugada do 13 de xaneiro de 1998 arrastraron a plataforma petrolífera, que se atopaba en Astano, e ao chocar contra a ponte rompeuno en dúas. Unha situación que trastornou a vida normal non só de Ferrol, senón tamén de Fene, Mugardos e Ares, que quedaron sen abastecemento de auga potable. Unha viaxe normal desde Ferrol ata Fene, que podía levar 15 minutos, converteuse nunha auténtica odisea con colas quilométricas na estrada de Castela....seguir lendo en Cadena Ser.

mércores, 11 de xaneiro de 2023

Ferrol no tempo, exposición ata o 28 de xaneiro


Non vos perdades a exposición Ferrol no tempo onde descubriredes moitos trazos da historia da nosa comarca. Comisiariada por Manuel Gago a exposición segue un percorrido a través de varias seccións (Mitos e orixes, Tramas, Escenarios, Ciudad Narrada e Voces da Cidade) nas que se nos presentan documentos, planos, mapas, informes, deseños, fotografías, obxectos cotiáns e de alta cultura, así como obras de arte e publicacións de prensa e literatura. Todas estas pezas, preto de 120, achégannos á construción e evolución da cidade de Ferrol ao longo do tempo.

Nas fotos podedes ver a Enciclopedia Mecánica de Doña Angelita Ruíz Robles, un artiluxio con bobinas nas que se compilaba o saber que os rapaces deberían estudar, e así non necesitaban ir cargados con tantos libros...xa pensando nos rapaces con este precursor da tablet en 1962.


Ou a descrición do Porto de Ferrol–1639; mapa conservado no Arquivo Xeral de Simancas. A Coroa integrou a ría dentro do sistema loxístico de apoio á Armada. A finais do s. XVI, promoveu a Real Fábrica de Biscoito en Neda, aproveitando o caudal do río Belelle.

martes, 10 de xaneiro de 2023

Calendario Científico Escolar

Premer na imaxe

Xa chegou o novo Calendario Científico Escolar para que non esquezamos as conmemoracións relevantes no eido da ciencia pois a curiosidade nos leva a aprender.

luns, 9 de xaneiro de 2023

Galicia, no primeiro mapa de postas

É o primeiro mapa que representa o roteiro das postas en Galicia, o servicio de correos que permitía artellar as comunicacións do país coa Meseta. Foi coa chegada da dinastía Borbón, co rei Felipe V, cando o Servizo de Correos pasou a ser responsabilidade do Estado. Deste xeito, a publicación do primeiro mapa de postas no ano 1721 coincide no tempo coa recuperación por parte da Coroa do Servizo de Correos dentro da reforma xeral da Administración emprendida polo novo Estado borbónico e ao Regulamento Xeral do Correo de 1720.
A súa elaboración foi ordenada polo Marqués de Grimaldo, Primeiro Secretario de Estado no reinado de Felipe V. Considerado o primeiro mapa de postas da península Ibérica, esta obra reflicte a orixe do Correo concibido como un Servizo público. 
As casas de postas eran xestionadas polos mestres de postas que tiñan ao seu cargo as cabalerías e os postillóns. A súa responsabilidade era o cambio de cabalerías. O postillón era o encargado de acompañar aos correos ata a posta seguinte e unha vez feito o cambio regresaban, a ritmo lento, co seu cabalo e o do correo. Utilizaba un instrumento de vento, unha corneta que facían soar para avisar da súa chegada...Seguir lendo en GCiencia.

xoves, 5 de xaneiro de 2023

Calendario do Libro e da Lectura 2023

 


A Xunta incorpora este ano ao seu Calendario do Libro e da Lectura de Galicia datas de homenaxe a Manuel Murguía, Pablo Picasso e Carlos Oroza. Así o explicou esta mañá o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, na presentación do cartaz conmemorativo do almanaque, obra do ilustrador Federico Fernández Alonso, un acto celebrado na Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal.... seguir lendo.