mércores, 1 de marzo de 2023

Andrea Maceiras no club de lectura con "Que me pare o corazón se te esquezo"

Esta semana tivemos o pracer de contar con Andrea Maceiras quen veu falarnos da súa última novela "Que me pare o corazón se te esquezo" así como doutras que tamén leramos no club como "O que sei do silencio" e así fixemos lecturas compartidas.

Andrea explicounos o por qué da escolla dos nome dos personaxes de Que me pare..., dos perigos das redes sociais, dos retos, de saberse distinto e a busca de aceptación nun grupo, dos medos e inseguridades da xente nova que non son exclusivos á xuventude de hoxe, senón que todos os adolescentes das distintas xeracións os sufrimos pero nestes tempos fanse aínda máis públicos polas novas tecnoloxías. Dos perigos de buscar á amizade nun like das redes, cando o mellor é a comunicación persoal...

Nesta sesión repasamos as circunstancias que viven os novos cun móbil nas mans e cómo podemos sortear os problemas empregando as armas de sempre: as palabras, non deixar de falar.

Un verdadeiro pracer ter a Andrea e ler as súas obras.

Ver a galería de imaxes completa.

Ningún comentario :