xoves, 18 de maio de 2023

Día Internacional dos Museos 2023: sostenibilidade e benestar

 


Os museos contribúen de maneira fundamental ao benestar e ao desenvolvemento sostible das nosas comunidades. Como institucións de confianza e importantes fíos no noso tecido social compartido, están nunha posición única para crear un efecto cascada que fomente o cambio positivo. Os museos poden contribuír de moitas maneiras á consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible: desde o apoio á acción climática e o fomento da inclusión, ata a loita contra o illamento social e a mellora da saúde mental.

Cada ano, desde 2020, o Día Internacional dos Museos apoia un conxunto de obxectivos dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible das Nacións Unidas. En 2023, centrarémonos en:

Obxectivo 3 Saúde e benestar mundial: Garantir unha vida sa e promover o benestar para todos en todalas idades, en particular no que respecta a a saúde mental e o illamento social.

Obxectivo 13 Acción polo clima: Tomar medidas urxentes para combater o cambio climático e os seus impactos, adoptando prácticas baixas en carbono no Norte Global e estratexias de mitigación no Sur Global.

Obxectivo 15 A vida na terra: Protexer, restaurar e promover o uso sostible dos ecosistemas terrestres, amplificando as voces dos líderes indíxenas e concienciando sobre a perda de biodiversidade.

Aquí tedes un percorrido polos fondos da biblioteca relacionados con estos obxectivos.


Ningún comentario :