Páginas

mércores, 27 de maio de 2009

Grande CURTAMETRAXE



A produtora executiva da curtametraxe galega 'A FLOR máis grande do mundo' dirixida polo premiado Juan Pablo Etcheverry, Chelo Loureiro, recolleu o pasado sábado o Premio á Mellor Curtametraxe de Ficción ou Animación no Festival Internacional de Cinema Ecolóxico e da Natureza de Canarias.
Baseada nun conto do Premio Nobel portugués José Saramago, conta coa composición musical de Emilio Aragón e a voz do propio Saramago.

luns, 25 de maio de 2009

VIN A XUVIA MIRAR...por Vicente Araguas


Despois de virnos visitar Vicente Araguas regálanos esta poesía.
Grazas!


VIN A XUVIA MIRAR
COMO O RÍO FIGURA
MANEIRAS ESCOLARES

(Instituto Fernando Esquio)

A Tania, Patricia, Isabel, Eva, Noelia e Patricia.
A Loles Paris.

Agora que son voso, estratexias de río
fluíndo antigamente, e canle tan perfecta
como cauda de estrelas, ou caída de nubes
voando a cada paso, que dou e que me dades.

E son de aquí con formas de illa con lavancos
de praias asombrosas e pontes despontadas
e bañistas intrépidos cal naos que se enguedellan
na procura de amores e patrias neboentas.

Vou e veño e me quedo coa forza dos paxaros
mergullándose en augas que son e non se perden
mentres o río estea, cal espello visible
a carón dos pupitres nos que imos sabendo.

Aprendendo as orixes que fornecen as cousas
que nós máis estimamos, como volver de lonxe,
feitos luz e cristal e materia de sempre
nun contino artellar de laradas e casas.

Agora son moi voso, e lume de batalla,
fogo alto alcendido para que nunca cese,
para seguir andando, con amoras e chuvia
no Camiño de sempre, antigamente Vello.

VICENTE ARAGUAS

venres, 22 de maio de 2009

Mary Cassatt, otra mirada en el arte

Pocas son las mujeres pintoras reconocidas y Mary Cassatt es una de ellas. Hoy sería su aniversario... así que disfrutad del colorido y la fuerza en la expresión de sus modelos.



mércores, 20 de maio de 2009

Las 13 rosas


Virtudes, Julia, Adelina, Blanca, Dionisia, Victoria, Ana, Elena, Martina, Pilar, Carmen, Joaquina e Luisa foron detidas e acusadas de planear un irreal atentado contra Franco. Aínda que esperaban só unha condena duns cantos anos de cárcere, uns dí­as antes de que se celebre o xuízo prodúcese un atentado contra un militar franquista no que morren tres persoas. Por iso, as 13 mozas foron elixidas como branco dunha vinganza que as condena a morte e en menos de 48 horas son fusiladas.
Todo iso cóntanolo Mari Carmen Cuesta, que foi detida xunto ao resto de mozos, pero que tal vez por contar con tan só 15 anos en 1939 se salvou de ser condenada a morte.

Para preparar a pelí­cula, tanto Mari Carmen coma o director Martí­nez-Lázaro, tiveron que facer fronte a unha dura elección, centrar a historia nos feitos históricos ou nos personaxes. "Sen dúbida, a segunda opción é a boa" afirma Martí­nez-Lázaro. "A pelí­cula servirase dos feitos reais como unha axuda para comprender algo que, se non tivese pasado, nos resultarí­a difí­cil imaxinar. Por moito que nos esforzásemos, en dúas horas é imposible falar de todo o que rodeou aquel suceso".

Este momento de crise económica que deixou de lado a polémica da "memoria histórica", é un bo momento para visionar de novo esta película chea de emocións. Visitade a páxina da biblioteca ou o noso blog De cine no Esquío.

martes, 19 de maio de 2009

Vicente Araguas: Poeta nedense


Pechando a semana das Letras Galegas, contamos no Instituto cunha visita moi especial: a do profesor, columnista, cantautor e poeta, Vicente Araguas. O certo é que Araguas ten unha personalidade moi rica en matices pero o que máis aproveitamos del foi a súa faceta de poeta nedense. Os alumnos de 4º da ESO traballaron na clase de Lingua Galega o seu poemario máis recente: “Xuvia revisitada” e ofrecéronlle a Araguas (que viña acompañado pola súa filla Andrea), unha selección dalgúns deses poemas nun itinerario que iba da mañá á noite, empezando no quiosque de Beba e rematando co seu Epitafio.
Como todos falaban de lugares de Neda, recollimos fotos, a maioría de fai tempo, e o poeta, aproveitando o seu bon facer e dunha maneira moi cercana a nós, foi acompañándonos por estes lugares e descubríndolle ós rapaces aspectos especiais do seu.
Tedes a presentación e as fotos, incluso a que nos fixemos con el na despedida, non sin antes prometernos volver para cantar ao trovador Fernando Esquío e o que xurda…

luns, 18 de maio de 2009

Gracias Mario por tantas cosas....



Llego de Londres con un grupo de alumnos y me encuentro con esta noticia.
Gracias Mario por tantas cosas....como esta:


Estados de ánimo

A veces me siento
como un águila en el aire.
-Pablo Milanés

Unas veces me siento
como pobre colina
y otras como montaña
de cumbres repetidas.

Unas veces me siento
como un acantilado
y en otras como un cielo
azul pero lejano.

A veces uno es
manantial entre rocas
y otras veces un árbol
con las últimas hojas.
Pero hoy me siento apenas
como laguna insomne
con un embarcadero
ya sin embarcaciones
una laguna verde
inmóvil y paciente
conforme con sus algas
sus musgos y sus peces,
sereno en mi confianza
confiando en que una tarde
te acerques y te mires,
te mires al mirarme.
En la página de Joan Manuel Serrat encontramos una biografía de este gran poeta uruguayo y aquí os dejamos a Serrat cantando uno de sus poemas:


UN POETA, UN COMPROMISO, UN POEMA

Es una lástima que no estés conmigo
cuando miro el reloj y son las cuatro
y acabo la planilla y pienso diez minutos
y estiro las piernas como todas las tardes
y hago así con los hombros para aflojar la espalda
y me doblo los dedos y les saco mentiras.

Es una lástima que no estés conmigo
cuando miro el reloj y son las cinco
y soy una manija que calcula intereses
o dos manos que saltan sobre cuarenta teclas
o un oído que escucha como ladra el teléfono
o un tipo que hace números y les saca verdades.

Es una lástima que no estés conmigo
cuando miro el reloj y son las seis.
Podrías acercarte de sorpresa
y decirme "¿Qué tal?" y quedaríamos
yo con la mancha roja de tus labios
tú con el tizne azul de mi carbónico.
Amor de tarde


Los sueños son pequeñas muertes
tramoyas anticipos simulacros de muerte
el despertar en cambio nos parece
una resurrección y por las dudas
olvidamos cuanto antes lo soñado
a pesar de sus fuegos sus cavernas
sus orgasmos sus glorias sus espantos
los sueños son pequeñas muertes
por eso cuando llega el despertar
y de inmediato el sueño se hace olvido
tal vez quiera decir que lo que ansiamos
es olvidar la muerte
apenas eso.
Pequeñas muertes

MARIO BENEDETTI


"Para min os poetas viñan ser algo intermedio entre o home e o anxo"
RAMÓN PIÑEIRO LÓPEZ.-

sábado, 16 de maio de 2009

Edicións ACUÁTICAS

Ao mercar este libro, do escritor sevillano J.C. Carmona -que pedira na nosa cercana libraría- vin que era diferente, pois mandárono 100% resistente á auga.
Trátase dun formato que utiliza o revolucionario sistema que o fai completamente impermeable e de longa duración.
A carón das últimas tecnoloxías, resulta tamén moi agradable tocalo, pasarlle as follas.
Así que onde queiras: baixo a chuvia, na bañeira ou na ducha, na piscina, entre as ondas do mar,...

venres, 15 de maio de 2009

U P on-line

O profesor JOSÉ ANTONIO MARINA, autor de tan importantes obras como:
. La magia de leer
. La magia de escribir
. Aprender a vivir
. Anatomía del miedo
. La pasión del poder
puxo en marcha hoxe o seu proxecto Universidad de padres.
Tamén a través da súa páxina podes coñecer e participar desta mobilización educativa.
Pensamento: " Para educar a un niño, hace falta la tribu entera"

mércores, 13 de maio de 2009

A semente, nos rapaces/as.

Hai tempo que sigo as impresionantes aventuras de ESPAZO LECTURA.

Quixera que coñecerades a súa primeira publicación.
Éstas son as páxinas iniciais. Reparade nas imaxes dos nenos e nenas.


" OS OLLOS DO CONTOMAR"


Vaia polos meus alumnos/-as!!!


"Quizais a medida da lectura non debe ser o número de libros lidos, senón o estado en que nos deixan. Que importa se un é culto, está ao día ou leu todos os libros? O que importa é como se anda, como se ve, como se actúa, despois de ler. Se a rúa e as nubes e a existencia dos outros teñen algo que nos dicir. Se ler nos fai, fisicamente, máis reais."
Gabriel Zaid

luns, 11 de maio de 2009

Boletín Especial Día do Libro.. e moito máis

Porque tamén tíñamos esto pero coas presaaaaasssss.
Como xa vos dixemos, non deixedes de visitala.



domingo, 10 de maio de 2009

O noso club de lectura nas VII Xornadas Literarias do Concello de Neda



Aínda que non é novidade, porque xa o comentamos no instituto, non podemos deixar de falar dos nosos rapaces e do noso concello que organiza unhas xornadas.... que ben, moitos quererían para seu.
Non queremos presumir, pero e que as veces as cousas saen rodadas. Temos uns grupos no club de lectura que se nos cae a baba.
O outro día nas xornadas sobre Virginia Woolf unhas rapazas de 4º de PDC fixeron unha presentación da autora, nada doada de ler, fantástica. Aínda que estaban presas dos nervios; imaxinade un auditorio composto por estudiosos da autora homenaxeada, o decano da facultade de Humanidades, Manuel Grueiro, público en xeral, prensa... acercáronnos ás inquedanzas de Virginia e explicaron, á súa maneira, o por qué das súas obras....

E logo!!!! Con Loles como mediadora, rapaces de 2º da ESO analizaron o conto que leran, recrearon a sesión do club de lectura. Son moi novos e tiveron que poñer os seus pensamentos por escrito porque o medo escénico era importante, pero foi todo un orgullo velos comentando o que entenderan do relato que escolleran.
Ponentes como Manuela Palacios, profesora de Filoloxía Inglesa na USC e prologuista de "Un cuarto de seu", Purificación Mayobre, escritora e profesora da Univ. de Vigo e José Manuel Sande desfacíanse en eloxios pola sesión dos alumnos e a profesora.

Estas actividades serven para afianzar os nosos clubes e o interese pola literatura en rapaces que gustan da lectura, ou non tanto porque as veces o estar en grupo é o primeiro paso, logo atopamos cousas, temas, autores... e un libro nos engancha. E senón que llo pregunten a Alejandro, a Dani, a Jenny...

sábado, 9 de maio de 2009

Día de Europa


O 9 de maio de 1950, Robert Schuman presentou a súa proposta para a creación dunha Europa organizada, requisito indispensable para o mantemento de relacións pacíficas.
Se o lema do 2005 Era "Unida na diversidade", no 2006 quíxose destacar a importancia da "Democracia, o Diálogo e o Debate" na construción de Europa.
Esta proposta, coñecida como "Declaración Schuman", considérase o xerme da creación do que actualmente é a Unión Europea.
O 9 de Maio converteuse no símbolo europeo (Día de Europa) que, xunto coa moeda única (o euro), a bandeira e o himno, identifican a entidade política da Unión Europea. No Día de Europa celébranse actividades e festexos que achegan a Europa aos seus cidadáns e irmandan os distintos pobos da Unión. Se queredes saber máis sobre esta entidade podedes entrar na páxina oficial ou na páxina da imaxe.

Feliz Día de Europa

venres, 8 de maio de 2009

Visitantes de Maciñeira

Onte tivemos a grata visita dos alumnos do colexio Maciñeira. Que receptivos son os pequenos! En secundaria xa non estamos afeitos ás caras de sorpresa e ás preguntas tan imaxinativas dos alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria, que ledicia!
Moitas grazas por vir e compartir a nosa exposición e o noso centro.


xoves, 7 de maio de 2009

The Host, novidade na biblioteca



@s fans de Stephenie Meyer están de sorte xa teñen á súa disposición a última novela da autora:The Host.

mércores, 6 de maio de 2009

"A estación dos libros"

TERESA MOURE



Aproveita para ler un primoroso discurso que abriu outra "PRIMAVERA".

En Compostela, o primeiro de Maio.

martes, 5 de maio de 2009

A túa voz importa

Cada vez son máis os organismos, sociedades e distintos foros involucrados no fomento da lectura que piden a opinión dos lectores de todas as idades sobre os seus gustos.
Un exemplo é o "El Premio Mandarache": un premio internacional de literatura en español outorgado por mozos de Cartaxena de entre 15 e 30 anos organizados en comités de lectura, na súa última edición foron case 2.000 mozos os que decidiron outorgarlle a Luís Leante por "Mira si yo te querré" o premio Madarache, e a Andréu Martín por "Chats" o premio Hache.
O Premio Mandarache, ademais é un proxecto de fomento da lectura entre mozos sen literatura "xuvenil", senón con literatura en español de recente publicación, e é un programa de actos públicos relacionados cos libros (encontros con autor...); unha delicia a imitar en todas as comunidades.


luns, 4 de maio de 2009

El templo de las mil puertas: la novena entrega ya está aquí


La nueva revista ya está aquí.
Con contenidos cada vez más interesantes:
Un repaso de los premios de literatura infantil y juvenil de nuestro país.
La presentación de la editorial SM por dentro.
El vampirismo en las últimas entregas de novela juvenil.
Reseña del creador del manga, Osamu Tezuka.
Recomendaciones, crítica literaria...

No os la perdais porque nos sirve de gran ayuda para entender las tendencias y,si no sabeis lo que leer, nos abren ventanas a los libros olvidados.