Páginas
▼
luns, 21 de decembro de 2009
venres, 18 de decembro de 2009
mércores, 16 de decembro de 2009
O alumnos de secundaria outórganlle a Daniel Pennac o Premio Spinoza
Naceu co obxectivo de fomentar a lectura do ensaio nos máis novos, ao tempo de reivindicar a figura de Bento Spinoza. O premio, que toma o nome do filósofo, foi iniciativa do Instituto Rosalía de Castro e concédeno os estudantes de cinco institutos de Galicia.
Este ano, o texto gañador é o ensaio Mal de escola na que conta como un mal alumno chega a ser profesor e, mais adiante, un escritor recoñecido, Daniel Pennac.
O autor aborda a cuestión da escola e da educación dende o punto de vista dos malos alumnos. O autor, un dos máis celebrados das letras francesas contemporáneas, un pésimo estudante adolescente, estuda esta figura do folclore popular outorgándolle a nobleza que se merece e restituíndolle a carga de angustia e dolor que a acompaña... (Seguir lendo)
Vía Cultura Galega.
martes, 15 de decembro de 2009
Felicidades ao IES DE CATABOIS e a outras Bibliotecas Escolares de Galicia
Últimamente botábamos en falta A Pilar Berrio nas nosas reunións de bibliotecas de Ferrolterra, e claro Chispa nos trae a noticia: A biblioteca do CEIP de PAZOS: FELICIDADES AO IES DE CATABOIS e a outras Bibliotecas Escolares de Galicia: ademais de poñer en marcha o club de lectura de adultos, participa no Premio Nacional de Bóas Practicas do MEC...
A Pilar e a todo o grupo de biblioteca do IES de Catabois:
A Pilar e a todo o grupo de biblioteca do IES de Catabois:
luns, 14 de decembro de 2009
Unha das nosas recomendacións para o Nadal...
Que ocorrería se Cincenta se descanta co príncipe? que pasa se a historia do "ser felices e comer perdices" non nos convence? estas preguntas, por fin, teñen resposta e pódense ver neste precioso conto con ilustracións de Myriam Cameros.
Unha reflexión narrativa e documental sobre a violencia de xénero contada por cinco importantes escritoras españolas.
«Cinco escritoras españolas comprometidas contra a violencia de xénero:Anxos Caso, Espido Freire, Rosa Regàs, Eugenia Rico e Lourdes Ventura,reuníronse individualmente con outras tantas mulleres de distintas idades e clases sociais que nalgún momento das súas vidas, en ocasións ao longo de moitos anos, sufriron malos tratos por parte das súas parellas. A palabra da quinta desas mulleres, asasinada anos atrás polo seu maltratador, cobrou vida en boca do seu fillo, e ese relato pecha o libro e tamén lle dá título: a morte, a ausencia que provoca a morte, fai que cinco por dous sexan nove» (Silvia Pérez e Fernando Marías, editores).
Blog da Cenicienta que non quería comer perdices.
domingo, 13 de decembro de 2009
Norabóa Manuel
Felicitámonos de que un dos nosos autores de cabeceira tivese o recoñecemento de toda a comunidade cultural galega.
Manuel Rivas foi nomeado membro da Real Academia Galega.
Rivas, nado na Coruña en 1957, é licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid e traballou como colaborador para diferentes medios.
A súa faceta de escritor foi galardoada cos premios Torrente Ballester de Narrativa en 1995, o Premio Nacional de Narrativa en 1996 ou o Premio da Crítica Española en 1998.
Recomendámosche unha das súas últimas obras "Os Grouchos", e si queres podes ler as primeiras páxinas.
venres, 11 de decembro de 2009
Boletín de biblioteca, tarde pero sae!
A piques de sacar o boletín coas recomendaciones do nadal, sacamos o nº 24 que estaba algo atrasado... este ano non dispoñemos de tanto tempo, persoal, recursos... pero ao final podemos (coma Obama) Yes, we can!
Día dos Dereitos Humáns II: Cartafol Didáctico
Coma sempre os de Amnistía Internacional de Catalunya traballando tan ben, ofrécennos uns materiais para traballar nunha banda de idade de 12 a 17 anos, e propóñennos varios temas:
1. Os presos de conciencia
2. A pena de morte
3. A tortura
4. Os xuicios xustos
(Grazas Bea polos carteis tan bos que nos regalas)
xoves, 10 de decembro de 2009
Día dos Dereitos Humáns I: Un xogo
Neste mes temos moito do que falar: Día dos dereitos d@s nen@s, Día contra a violencia de xénero, Día contra a escravitude e hoxe Día dos Dereitos Humáns.
Sería fantástico que non houbera estas datas, porque significaría que non farían falta. Non sería necesario recordar que hai moito polo que loitar...
Pero deixándonos de cousas tan serias, aquí tedes un xogo para lembrar cales son os nosos dereitos, e pensar e todos aqueles que non os disfrutan.
mércores, 2 de decembro de 2009
É
É o día “D”
e é o seu día a día.
É en todo o mundo
e é o seu mundo.
É unha voz
e é un berro.
É unha mirada
e é unha man.
É un “perdón”
e é un “por favor”.
É un si e un non,
é un “non quero”.
É un alento
e é un suspiro.
É el só
e é con nós.
martes, 1 de decembro de 2009
Actúa. Día Mundial del SIDA
Desde 1988, el 1 de diciembre se conmemora el Día Mundial del Sida.
Hace ya 20 años que este día se destina a la concienciación pública sobre la infección por el VIH. Este año su tema es el liderazgo. En el año 2001todos los países del mundo prometieron detener el sida para el año 2015.
A fin de lograrlo, todas las personas tenemos que comprometernos también.
El lema propuesto para este año es:
“ ACTÚA DETÉN EL SIDA. UNIDOS PODEMOS”
Quizás pienses que DETENER EL SIDA es tarea de otros/as pero UNIDOS PODEMOS evitar la propagación del VIH.
Hay muchas cosas que tú también puedes hacer en el Día Mundial del Sida.
¡ Actúa !
Respeta a las personas con VIH e infórmate sobre cómo se transmite en este folleto.