Mapa da ría de Ferrol |
Pronto cumprirá 400 anos unha obra mestra da cartografía que
retrata a nosa costa. Porque o portugués Pedro
Teixeira acometeu, dende 1622, o traballo titánico de trazar os
principais portos de España e Portugal. Fíxoo por encargo de Felipe IV,
o Rei Planeta, o último que gobernou conxuntamente os dous países ibéricos. E o
seu nivel de detalle, o seu peculiar estilo e a súa perspectiva deron fama á
súa obra, a pesar de que estivo perdida durante séculos, ata que foi recuperada
nunha biblioteca de Viena.
A “Descrición de España e das costas e portos dos seus
reinos” foi publicada en 1634 en Anveres e vén ser o Google Earth
da Idade Moderna. E, para retratar Galicia, pateou arreo o seu
litoral. Sabemos que estivo aquí porque, para realizar a súa obra, iniciou unha
viaxe en 1622 en Hondarribia (Guipúscoa) e deu a volta á
península Ibérica, legua tras legua, ata rematar na costa mediterránea.
Por desgraza, non se conserva ningún documento sobre o seu
periplo nin sobre o seu paso por Galicia. Pero, por fortuna,
quédanos a súa obra.
Recoñecedes estas imaxes?
Aquí podes
ver e descargar os mapas de Galicia trazados por Pedro Teixeira,
segundo compilación do profesor da USC Alfredo Vigo Trasancos xunto a
Jesús Ángel García e Miguel Taín Guzmán.