Páginas

domingo, 29 de abril de 2018

IV Certame Literario Carmela Loureiro


O Concello de Ferrol entregou este sábado os galardóns da cuarta edición do certame literario Carmela Loureiro, que se convoca a través do departamento de Normalización Lingüística e a Coordinadora de Equipas de Normalización de Ferrolterra ( CENL).
A antiga capela do Torrente Ballester albergou a cita, que presidiu o alcale, Jorge Suárez, e contou tamén coa presenza do edil de Normalización Lingüística, Álvaro Montes, así como dos alumnos e alumnas premiados. O xurado destacou a calidade das obras presentadas e o talento das firmas. O premio, ademais, rende homenaxe a Loureiro, profesora de Ferrolterra que contribuíu en enorme medida á difusión da cultura e o idioma galego entre os mozos.
O Accésit foi para Sentido da vida, Lucía Pérez Serantes do noso centro IES Fernando Esquío

martes, 24 de abril de 2018

No Salón do Libro 2018



O pasado venres 13 estivemos disfrutando do Salón do Libro en Pontevedra, nesta ocasión o encontro contou con varios autores cos que fixemos unha "speed date", cada vinte minutos cambiabamos de curruncho para atopar a María Reimóndez, Ledicia Costa, Fran Alonso, Tamara Andrés e Anxo Fariña. E como agasallo Eva Mejuto, organizadora do evento, nos fixo un oco na súa apretada axenda e puidemos falar con ela de 22 segundos, unha das obras que limos en conxunto.
Despois de cantar "Nin fadas, nin princesas", tras compartir mesa e mantel no food truck mexicano e  moitos momentos inesquecibles con rapaces doutros centros non podemos dicir nada máis que
GRAZAS 
pola esperiencia e o bo rato que pasamos nun día chuvioso pero que dentro das instalacións do salón brillou pola imaxinación, alegría e ben facer dos organizadores e de todos os clubs de lectura que coincidimos.


Para ver a galería de fotos preme na imaxe.

E para rematar o agasallo que levaron os rapaces do Salón, ademais de compartir experiencias cos membros dos outro clubes, a organización os obsequiou cunha xeitosa caixiña de doces e unha fermosa cita dos autores no salón, para mostra este de Fran Alonso:




Perdoade a tardanza en publicar o post... pero como sabedes estivemos de viaxe por París mon amour...



luns, 23 de abril de 2018

No mes do libro, a exposición sobre a súa historia

Historia do libro
Carteis da exposición

Como sabedes a historia do ser humán está ligada á convivencia e á fala, desde que o home está neste planeta levamos comunicándonos de diversos xeitos, e a escrita forma unha parte moi importante da nosa vida en sociedade e por iso vos traemos a exposición sobre a historia do libro.

Se queredes ter acceso a todo o material, fixádevos no site específico da columna da dereita no Recanto do Esquío

XVI Xornadas Literarias adicadas a Marguerite Yourcenar



Estades todos invitados.
E para os que non puidestedes vir, unha mostra, despois de darlle a norabóa aos organizadores, Manuel Grueiro desde o Concello de Neda e á Universidade da Coruña e por suposto ás nosas alumnas: Claudia, Lucía, Marta, Paloma e Judith, baixo a dirección de Loles Paris.


XVI Xornadas Literarias

Recensión de Mª Xosé Queizán en Praza das Letras "Neda, Vangarda da literatura universal"

xoves, 19 de abril de 2018

Visita de Héctor Cajaraville


Neste día tan sorpendente, pese a que estaba programada unha folga do alumnado os rapaces asistiro, Héctor Cajaraville achegouse a falar con nos da súa nova adicación á literatura, de cómo comezou a escribir e publicar xa de adulto e escribindo 3 obras á vez arrincou dun xeito fantástico, pois as tres obras saíron adiante.
Os nosos alumnos leran A caixiña dos rancores, obra realista e enternecedora, pois achega a dúas xeracións afastadas grazas a unha decisión dunha xuíz, e ata aquí podemos ler...

martes, 10 de abril de 2018

Novo catálogo LIJ de OEPLI


La OEPLI y sus secciones territoriales: Consejo, ClijCat, Galtzagorri y Gálix, en colaboración con el Ministerio de Educación Cultura y Deporte, edita el catálogo LITERATURA INFANTIL Y JUVENIL ESPAÑOLA. Selección OEPLI 2017. Un libro/catálogo con la selección bibliográfica de los mejores libros infantiles y juveniles, de escritores e ilustradores españoles, publicados a lo largo del año pasado, obras que  obedecen a criterios de calidad e idoneidad, que las hace merecedoras de formar parte de esta lista de honor por considerarlas significativas dentro de la gran producción existente.

luns, 2 de abril de 2018

Día Internacional do libro infantil e xuvenil 2018: Os libros fan grande o máis pequeno



Desde 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.

"As persoas tenden ao ritmo e á regularidade, do mesmo xeito que a enerxía magnética organiza as lascas de metal nun experimento de física, do mesmo xeito que unha folerpa crea cristais a partir de auga. Xa sexa nun conto de fadas ou nun poema, ás nenas e aos nenos gústalles a repetición, os refráns e os motivos universais porque poden recoñecerse unha e outra vez; danlle regularidade a un texto. O mundo adquire unha orde preciosa..." 
Seguir lendo a mensaxe de  Inese Zandere