Páginas
▼
martes, 28 de maio de 2019
domingo, 26 de maio de 2019
Os membros do club na ExpOtaku
Este venres difrutamos da nosa primeira experiencia na ExpOtaku na Coruña. Por ser a primeira mañá do evento aínda non había moita xente polo que non tivemos que facer moita cola para algunha actividade como a do tiro ou os vídeo xogos, visitamos todos os stands..., pero por outro lado non puidemos ver algún dos obradoiros pois estaban aínda arrincando... de todos os xeitos foi unha moi boa experiencia para os que non a tiñamos e os nosos alumnos estiveron dacordo que o Jugger temos que adaptalo para o noso centro e, por suposto, temos que volver o ano que ven pero todo o día!!!
Para mostra a galería de imaxes e o vídeo seguinte onde se explica o funcionamento do xogo:
mércores, 22 de maio de 2019
Visita de Andrea Maceiras
Andrea Maceiras veu ao noso centro onte para falarnos dunha das súas obras máis recentes "O que sei do silencio". Nesta ocasión trala presentación a cargo de Diego, Lino e Paola, contounos un conto de fadas e do valor da aceptación dun mesmo, coa fada Nada aprendemos que todo o que facemos por pequeno que sexa, pode supoñer un Todo para que nos rodea.
Falamos do papel de Delia, que todos fomos un pouco coma ela nalgún momento e que o paso que deu de verbalizar a súa parte, o que ela sabía do silencio, ese silencio culpable e vergoñento, supuxo unha liberación e unha terapia reconstructiva pois supuxo que outros tamén empregasen a palabra para recoñecer o seu papel.Tamén nos contou o xermolo da obra aínda que no apéndice da mesma xa o explicara.
Ademais nos fixo unha pequena recensión de Nubes de silencio, obra que están a ler os alumnos do club de lectura de 1ºBAC.
Moitas grazas pola túa cercanía Andrea, gústanos moito as túas visitas
aínda que nos coste falar ao principio.
GRAZAS por tratar estos temas tan actuais e de tanta relevancia no mundo escolar!!
luns, 20 de maio de 2019
Nós diario
Con multisoporte en papel e dixital, o diario aspira a ampliar o espazo galego de comunicación e ser referente no panorama mediático da Galiza
Impulsado por Sermos Galiza, as máis de 3.000 presubscricións logradas até o momento garanten a estabilidade financeira precisa para afrontar os custos de edición do diario
Sermos Galiza presentou o cabeceiro de Nós Diario nun acto onde se fixeron públicas as principais liñas de deseño do diario en papel, que nacerá á par dun diario dixital cunha importante presenza audiovisual. Os primeiros números cero do diario en papel comezarán a prepararse no mes de outubro e verán a luz a finais de ano e, a partir do 2 de xaneiro de 2020, o diario en papel sairá ás rúas de terzas feiras a sábados e no formato web estará actualizado todos os días do ano. Nós Diario aspira a ampliar o espazo galego de comunicación e a ser referente no panorama mediático da Galiza.
A denominación Nós é unha creación orixinal de Castelao que responde a unha encomenda do escritor Eladio Rodríguez, que en 1918 bota a andar unhas páxinas especiais sobre literatura galega no xornal coruñés El Noroeste.... seguir lendo en Extradixital.
Agora tamén na versión dixital na columna da dereita en Prensa e revistas
sábado, 18 de maio de 2019
Desde o CPI Os Dices telexornal sobre Antonio Fraguas
O CPI Plurilingüe dos Dices (Rois-A Coruña) xa nos ten acostumados a tan bo traballo nas Letras Galegas co seu telexornal adicado ó autor homenaxeado, este ano a Antonio Fraguas.
O profesor Luís Aldegunde dirixe ao grupo de rapaces en IntraExp merecedores de aparecer nos telexornais nacionais!
Unidade didáctica sobre Antonio Fraguas desde o Museo do Pobo Galego.
venres, 17 de maio de 2019
xoves, 16 de maio de 2019
Popplets de Antón Fraguas autor homenaxeado pola Letras Galegas 2019
Os alumnos de Intra Exp de 1º ESO están experimentando có Popplet e que mellor traballo que a pescuda sobre Antón Fraguas. Como veredes algún deles está en proceso...
Xa iremos publicando o resto...
Xa iremos publicando o resto...
domingo, 12 de maio de 2019
Día Escolar das Matemáticas 2019
O ser humano sentiu sempre a necesidade de representar tanto o territorio que habitaba, como os que ía descubrindo. Estas representacións planas reflectían o mundo que coñecía e a imaxe que tiña do mesmo.
Os mapas son obxectos cotiáns que están presentes no noso día a día. O obxectivo deste caderno, escrito con motivo do Día Escolar das Matemáticas 2019, é tentar coñecer un pouco máis eses obxectos cotiáns que son os mapas, e en especial, a xeometría que se esconde detrás dos mesmos.
Ler o caderno do DEM 19
Caderniño Mapas, mapas, mapas
Ver A historia da cartografía a partires de 15 mapas vía Geografía Infinita de Gonzalo Prieto.
xoves, 9 de maio de 2019
Premio Princesa de Asturias de Cooperación Internacional 2019
Cando Salman Khan comezou a impartir clases de matemáticas ao seu sobriño a través dunha plataforma dixital, alá por 2007, dificilmente podía imaxinar que unha década máis tarde recibiría o máis alto recoñecemento entregado por España. E con todo, Khan e a súa academia virtual, a Khan Academy, acaban de recibir o Premio Princesa de Asturias de Cooperación Internacional 2019. Un galardón que premia doce anos de vocación e un éxito mediático con poucos precedentes.
Seguir lendo en Magnet Xataca.
mércores, 8 de maio de 2019
luns, 6 de maio de 2019
Retos para a Biblioteca Escolar 2020
Desde a Asesoría de Bibliotecas de Galicia nos chega o resumo da xornada técnica organizada pola Consellería de Educación tras a xornada PLAMBE á que todas as BEs asistimos. Nesa xornada se fixo unha posta en común desde todas as administracións educativas autonómicas e nacional, dos retos para o 2020 que se resumen en:
- Reto 1: Dotar de estabilidade ás bibliotecas escolares.
- Reto 2: Promover un modelo de biblioteca escolar como espazo educativo á medida do proxecto de centro.
- Reto 3: Concebir a biblioteca escolar como mediadora das lecturas no centro e situala no centro neurálxico das políticas públicas centradas na lectura, en todos os formatos, para todas as finalidades.
- Reto 4: Promover unha visión da biblioteca escolar como o contexto privilexiado para o desenvolvemento das competencias mediáticas e informacionales, a alfabetización mediática (AMI) e como requisito para a construción do pensamento crítico.
O documento se pode ler íntegro premendo na imaxe e resulta moi clarificador pois presenta un camiño cara ó que temos que avanzar.
xoves, 2 de maio de 2019
Tal día como hoxe... en 1519 falecía Leonardo da Vinci
O 2 de maio de 1519 falecía un dos personaxes máis importantes da historia da humanidade: Leonardo dei ser Piero dá Vinci. O polímata toscano representou os ideais do Renacemento italiano. Para moitos, Leonardo dá Vinci é o paradigma de humanista.
Xenio como poucos, dominou as máis distinguidas artes como a pintura, a escultura, o gravado e a arquitectura, sen que iso fose un impedimento para interesarse tamén pola anatomía, a ciencia e a enxeñería.
En 2019 cúmprense 500 anos desde a súa morte e ségueselle lembrando como unha figura excepcional que demostrou que con paixón pódese lograr todo o que un se propoña.
80º Aniversario de Batman
El 2019 es año de
fiesta para DC Comics. Batman, uno de los héroes
emblemáticos de ésta casa editorial llega a su 80 aniversario de existencia, y
por ende, el Caballero de la Noche será
el protagonista de grandes sorpresas.
A través de su sitio oficial, DC anunció la
publicación de dos libros especiales con los cuales se conmemorará la octava
década de existencia del hombre murciélago, así como la publicación del
número 1000 de Detective Cómics,
publicación donde Batman debutó en 1939, en las páginas de su
número 27.
El primer libro
que llegará en el transcurso de 2019 será Detective Comics: 80 Years of
Batman, The Deluxe Edition, donde se compilará una antología de las mejores
historias del Hombre Murciélago publicadas en éste
título, desde su primera aparición hasta los momentos cumbre, destacando las
primeras apariciones de personajes como Robin, Batwoman, Bat-Mite, Batgirl y
villanos como Two-Face, Riddler, Clayface y Man-Bat.
Seguir leyendo en...Smash