Aínda que estamos de vacacións non podemos deixar de comentar unha boa noticia:
Carlo Frabetti Premio Cervantes Chico 2019.
O pasado 2 de xullo reuniuse o xurado do Premio Cervantes Chico 2019, presidido pola concelleira de Educación do Concello de Alcalá de Henares (Madrid), Diana Díaz do Pozo, e acordou outorgar o galardón deste ano, a XXIII edición, a Carlo Frabetti, «motivado pola súa ampla e exitosa traxectoria literaria no mundo infantil e xuvenil. É un autor moi lido entre nenos e novos e as vendas dos seus libros así o demostran».
O Premio Cervantes Chico é un prestixioso recoñecemento que outorga o concello de Alcalá de Henares para distinguir a un escritor ou escritora de lingua castelá cuxa traxectoria creadora destacase no campo da literatura infantil e xuvenil. Para a súa designación téñense en conta, ademais dos seus méritos literarios, criterios como a popularidade e a utilización da obra do escritor como recurso educativo e didáctico. Outórgase un recoñecemento público ao autor galardoado, a través do cal tamén se procura a difusión e no fomento da súa obra entre a poboación infantil e xuvenil. Coincidindo coa entrega deste premio, prémiase así mesmo a escolares, familias e docentes de todos os centros educativos da cidade, que destacasen polos seus valores humanos.
Seguir lendo na Revista Babar
Ver as obras do autor no noso catálogo