O Ano Europeo das
Linguas 2001, organizado de maneira conxunta polo Consello de Europa e pola
Unión Europea, logrou implicar millóns de persoas nos 45 países participantes a
través de actividades que celebraban a diversidade en Europa e que promovían a
aprendizaxe de linguas establecéndose o 26 de setembro como Día Europeo das Linguas.
Os obxectivos
xerais do Día Europeo das Linguas son:
- Destacar a importancia da aprendizaxe
de linguas e diversificar a variedade de linguas que se aprenden co
obxectivo de incrementar o plurilingüismo e a comunicación intercultural.
- Promover a riqueza da diversidade
lingüística e cultural de Europa, que debemos preservar e potenciar.
- Promover a aprendizaxe permanente de
linguas tanto dentro como fóra da escola, xa sexa co propósito de realizar
estudos, intercambios, por necesidades profesionais, mobilidade ou pracer.
O 2019 ademáis é o Ano Internacional das Linguas Indíxenas polo que compre pararnos a pensar se estamos a facer lo que debemos para protexelas.
Por todo isto vos convidamos a que aprendades das linguas que nos rodean e daquelas que están en perigo de desaparecer. Todas son importantes e é a nosa obriga respetalas e coidalas como parte da nosa cultura.
Estos días teredes na galería do centro unha mostra para que vos achegedes a elas o atopedes moitos datos interesantes.
Para comezar, cantas linguas atopas na imaxe? Preme e accede para identificalas: