Se queredes consultar o catálogo da biblioteca os fondos da saga premede na imaxe e se queredes coñecer algunhas curiosidades dos nomes... podedes entrar no artigo de Infobae
Páginas
▼
mércores, 30 de outubro de 2019
luns, 28 de outubro de 2019
sábado, 26 de outubro de 2019
Libros para soñar: La historia de Atenea
Nesta ocasión en La historia de Atenea atoparás unha obra chea de audacia e
valentía, con ilustracións che cativarán e faranche revivir a vida dunha das
deusas máis intrépidas e determinadas da mitoloxía grega
venres, 25 de outubro de 2019
Libros para disfrutar: Un error en el viaje
Nesta semana no que celebramos o día das Bibliotecas Escolares traémosvos unha serie de obras para coller e non deixar nin un instante. Aquí tedes un deles da serie Érase una vez...Un error en el viaje.
A ver se atopades os erros
xoves, 24 de outubro de 2019
24 de outubro Día das Bibliotecas Escolares
A Dirección Xeral do Libro e Fomento da
Lectura, a través da Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria, impulsa
a celebración do Día das Bibliotecas, este 24 de outubro de 2019. A partir
deste ano incorpórase o lema 'Aptas para todos os públicos', que estará
presente nas todas actividades que se poñan en marcha. Ademais, a celebración
do Día das Bibliotecas terá desde este momento un fío condutor diferente cada
ano.
Promoción
da igualdade de xénero
A actual edición céntrase en destacar o labor
das bibliotecas na promoción da igualdade de xénero, en liña co III Plan
Estratéxico do Consello de Cooperación Bibliotecaria 2019-2023, cuxo eixo
transversal é a igualdade. A súa Liña de actuación nº 3: Visibilidade das
bibliotecas, inclúe dentro do obxectivo xeral 3. 1: Comunicar o valor da
biblioteca, a medida sobre a Celebración do Día das Bibliotecas.
Posta
en valor das bibliotecas
O obxectivo é poñer en valor o papel das
bibliotecas e a importancia de contar cuns servizos bibliotecarios de calidade,
accesibles para todo tipo de públicos e en calquera etapa da vida. Uns servizos
que contribúen a mellorar a vida das persoas e ao desenvolvemento da sociedade
no seu conxunto. Así como visibilizar a variedade tipológica das bibliotecas
españolas: públicas, escolares, universitarias, especializadas e nacionais
/rexionais....
Seguir lendo na web do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte
Libros para soñar: El hilo de Ariadna
Seguimos presentando
obras para soñar o disfrutar nesta semana das Bibliotecas Escolares.
El
Hilo de Ariadna non é solo un libro, nin un laberinto... é unha aventura
apaixoante que che gustará compartir unha e outra vez. Non soltes o fío de
Ariadna o quedarás atrapado entre as súas páginas.
luns, 21 de outubro de 2019
domingo, 20 de outubro de 2019
Semana de Tolkien: 24 de outubro, Día das Bibliotecas Escolares
“Cando o señor Bilbo Bolsón de Bolsón Pechado anunciou que moi pronto celebraría o seu centésimo decimoprimer aniversarios cunha festa de especial magnificencia, houbo moitos comentarios e excitación en Hobbiton”.
O 29 de xullo cumpríronse 65 anos da publicación de O Señor dos Aneis, de J. R. R. Tolkien, que comezaba coa frase anterior, unhas palabras que introducían ao lector nun universo de fantasía xa coñecido por uns poucos grazas ao Hobbit (1937).
Como fans de Tolkien non podemos deixar escapar a ocasión de achegarvos a súa figura e obra.
Invitámosvos a festexar o mundo de Tolkien con un concurso no que teredes que solventar enigmas para chegar a bo porto.
Se tedes algunha dúbida sempre poderedes botar unha ollada ós vídeos que deixamos á vosa disposición na galería do centro e a información do link de "No Día das bibliotecas Escolares falamos de..."
mércores, 16 de outubro de 2019
Estratexias para ter éxito no estudo
"O meu fillo vaia se estuda: pásase toda a tarde encerrado na súa habitación e
non sae nin para coller un vaso de auga".
Ben, poida que si estea a sacar partido a ese tempo de peche, pero tamén é posible que o estea perdendo miserablemente. Por exemplo, se estuda tombado na cama, co teléfono móbil na man recibindo mensaxes sen parar, a música de reguetón soando a lume de biqueira e os apuntamentos desordenados e esparexidos polo chan… non está a utilizar a mellor das estratexias.
Tampouco é garantía de que estea a aproveitar o tempo se simplemente está sentado na mesa de estudo, con todo o material de traballo disposto, pero a mente vagando polo espazo exterior. Se non está concentrado, xa pode tirarse horas aí sentado que non lle vai a servir de nada....
Seguir lendo en La Voz de Galicia vía Ana T. Jack
luns, 14 de outubro de 2019
IV Día das escritoras: mulleres, amor e liberdade
Hoxe se conmemora o Día das escritoras, unha conmemoración promovida pola Biblioteca Nacional de España xunto á Federación Española de Mujeres Directivas, Executivas, Profesionais e Empresarias ( FEDEPE) e a Asociación Clásicas e Modernas que, desde o ano 2016, busca reivindicar o labor e o legado das escritoras ao longo da historia a partir da lectura de fragmentos representativos das súas obras.
Cada ano, esta celebración leva a cabo o luns máis próximo á festividade de Teresa de Jesús, o 15 de outubro, no Salón da Actos da Biblioteca Nacional de España e noutras entidades e institucións nacionais e internacionais que se suman á iniciativa.
Para cada edición desígnase unha comisaria, que elixe o tema en torno ao cal realiza unha selección de textos de destacadas escritoras españolas e hispanoamericanas, que posteriormente son lidos por persoas de recoñecido prestixio social e cultural, entre as que hai unha especial representación de creadoras en activo. E este ano o lema é "Mulleres, amor e liberdade".
Desde a biblioteca do noso centro queremos sumarnos a esta celebración sacando as obras dos andeis e facendo unha mostra no corredor. Nesta inclúense obras curiosas que quizais non saberíades que estaban esperando por vos, botádelle unha ollada, será todo un descubrimento!
domingo, 13 de outubro de 2019
xoves, 10 de outubro de 2019
sábado, 5 de outubro de 2019
5 de outubro: Día do docente
Despois de lanzar a iniciativa Futuros da Educación na Asemblea Xeral das Nacións Unidas en Nova York en setembro co fin de potenciar unha reconsideración global da educación, a Directora Xeral da UNESCO, Audrey Azoulay, fai un chamamento aos gobernos para que garantan que o ensino se converta nunha profesión de elección para os mozos, dedicando o Día Mundial dos Docentes 2019 ao tema Docentes mozos: o futuro da profesión.
Seguir lendo na web da UNESCO.
xoves, 3 de outubro de 2019
500º Aniversario da 1º Volta ao Mundo: Magallanes-Elcano
Este ano cúmplense 500 anos da 1º volta ao mundo, un fito histórico que non debemos esquecer.
A falta de que cheguen os libros sobre o tema, vos invitamos a coñecer esta gran aventura da mán de Academia Play.
Se queres saber mais podes navegar pola web oficial do V Centenario