Páginas
xoves, 25 de febreiro de 2021
mércores, 24 de febreiro de 2021
Rosalía en Galiciana
Galiciana é a biblioteca dixital de Galicia que ten como obxectivo a dixitalización dos fondos bibliográficos máis relevantes para Galicia. Entre estes fondos atópanse varias obras de Rosalía de Castro. Para conmemorar o día do seu nacemento realizamos esta exposición das cubertas das obras da autora dixitalizadas en Galiciana vinculadas a un código QR co que accederedes ao texto completo das obras.
Ler a noticia en Galiciana
No Día de Rosalía de Castro
150 Cantares para Rosalía
Cantar a Rosalía de Castro supón unha enorme responsabilidade. Mergullarse na súa poética para facela propia, podería ser unha ousadía derivada do descoñecemento do que supón a súa voz para o sentir dun pobo.
Mais, partindo de que entendo os límites sempre como persoales, e non os que nos impoñen as circunstancias, decidín emprender este proxecto. Pensei que unha homenaxe para a autora dos “Cantares gallegos”, no tempo que nos acontece, é un xeito de amosar o que a nosa lingua herdou deses primeiros cantos, esa raizame que nos xongue irrenunciablemente á cerna da qu e provimos, que se amosa con rotundidade nas voces de hoxe, nestes novos cantos que se multiplican coa forza propia das ondas envolventes de cada verso, de cada imaxe. Reunir 150 poemas inspirados noutras tantas estrofas dos Cantares, tentando non perder o fío que vertebra a obra, supuña un reto engadido... seguir lendo en 150 Cantares para Rosalía
luns, 15 de febreiro de 2021
O Entroido...na casa
Esta fin de
semana comezan os días fortes do Entroido galego, unha festa que este ano
estará moi limitada por mor da pandemia de Covid-19, pero tamén se pode entroidar na casa (coas persoas
coas que convivimos) e son moitas as iniciativas que concellos e entidades
culturais lanzan estes días para facelo: concursos de disfraces, actuacións
musicais e mesmo unha festa gastronómica en rede.
Desde Praza Pública podedes acceder a unha dúcia de convocatorias online do entroido, desde unha mostra sobre as máscaras tradicionais desde o Museo do Pobo Galego ata un concurso de fotografías de doces de entroido...
sábado, 13 de febreiro de 2021
No Día da Radio achegamos os podcast do Instituto Cervantes
¡Feliz #DíaMundialdelaRadio! Celébrao con #PódcastCasaCervantes: audios sobre os contidos culturais e académicos dos Cervantes de todo o mundo.
venres, 12 de febreiro de 2021
Finalistas #Templis
Chega o momento de facer balance da literatura xuvenil que nos trouxo 2020. A causa do confinamento, foi un ano cun número de publicacións lixeiramente inferior. Descubrimos algúns novos autores e tamén gozado das novidades dos nosos escritores favoritos e, tras moito debater, desde El templo da las mil puertas escolleron os 18 mellores libros de 2020. Dálle ao play para descubrir os finalistas ao XII Premio O Templo das Mil Puertas!
xoves, 11 de febreiro de 2021
Inxeniería Romana na 2 de RTVE
mércores, 10 de febreiro de 2021
venres, 5 de febreiro de 2021
Chic@s geniais
Nestes días mercamos exemplares da serie de Vicens Vives Chic@genial onde atoparedes respostas a preguntas esenciais para o voso desenrrolo, o por qué dos cambios nos vosos corpos e por qué vos sentides dun xeito determinado.
Nas entradas do catálogo da biblioteca tedes ademais os enlaces ás mostras dos libros.