Páginas

martes, 26 de outubro de 2021

Familias dixitais


O desenvolvemento da competencia dixital do alumnado como parte do seu proceso formativo implica o acompañamento e a orientación tanto dos docentes como das familias ao longo do mesmo. Para apoiar ás familias neste labor de acompañamento e seguimento do proceso educativo dos menores xunto cos docentes, nace esta iniciativa en colaboración con FAD (Fundación de Axuda #ante a Drogadicción), a través do proxecto Educación Conectada, e o Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e de Formación do Profesorado, que inclúe ata oito nano cursos abertos, masivos e en liña (NOOC) sobre diferentes aspectos da competencia dixital

O primeiro NOOC leva por título "Familias digitales: qué facer si falla o teu ordenador".  Terá lugar desde este mércores 27 de outubro ata o venres 5 de novembro. Terá unha dedicación estimada de 180 minutos e, ao finalizalo, optarase a unha insignia dixital almacenada en “Insignias INTEF”.

Neste nano curso aberto aprenderanse unha serie de técnicas para diagnosticar problemas derivados do uso da tecnoloxía no noso computador e, sobre todo, como aplicar as solucións que están ao noso alcance. Isto non só aplica aos problemas que aparezan na tecnoloxía que xa coñecemos, senón tamén a necesidades ás que actualmente non temos resposta e para as que a tecnoloxía pode ser unha estupenda aliada.

Este curso está dirixido especialmente a pais e nais con fillas e fillos en idade escolar, interesados nos avances tecnolóxicos e nas bondades da tecnoloxía. O curso tamén está aberto a calquera outra persoa que estea disposta a participar de forma activa na súa comunidade escolar, xa sexan docentes, persoal non docente, ou membros de administracións locais, entidades sen ánimo de lucro, empresas, etc. Para participar de forma activa no unicamente necesítase unha conexión a internet e certa habilidade no uso de contornas dixitais

Mais información do curso na plataforma de formación aberta de AprendeINTEF.

domingo, 24 de outubro de 2021

24 de outubro Día das Bibliotecas Escolares

 

Neste día das Bibliotecas Escolares, nos achegamos, como nos últimos anos, a un autor especialmente creativo, cheo de imaxinación, amante das aventuras quen, nalgunha ocasión, quitounos o sono.

Esperamos que coa exposición e o concurso vos acheguedes ás súas obras que atoparedes nos fondos da nosa biblioteca. Todo estará colgado tamén na sección de No Día das BEs falamos de..., e coma sempre un concurso para descubrir ao autor.

Botádelle unha ollada á exposición e non deixedes de participar, 
o prazo remata o día 8 de novembro

venres, 15 de outubro de 2021

Día das escritoras

 A Biblioteca Nacional de España celebra a sexta edición do Día da Escritoras, unha iniciativa organizada en colaboración coa Federación Española de Mujeres Directivas, Executivas, Profesionais e Empresarias (FEDEPE) e coa Asociación Clásicas e Modernas, co obxectivo de reivindicar o labor e o legado das escritoras ao longo da historia. Como en edicións anteriores, a data elixida é o luns máis próximo á festividade de Teresa de Jesús (1515-1582), que se conmemora o 15 de outubro.

Esta sexta edición conta co comisariado da poeta e filósofa Marifé Santiago Bolaños, quen elixiu o tema Ler as idades da vida. Os libros escríbense só para unha lectora, a que os fai estar de novo cando os le. Por iso, a escritura vai dando conta das idades da vida e permítenos elixirnos, recuperarnos e soñarnos entre as páxinas dos libros. Dos libros que lemos, dos que leremos. Dos que se escribiron para nós, aínda que non os atoparamos aínda. Este ano, por primeira vez, leranse textos de escritoras vivas como Rosa Montero, Fanny Rubio, Elena Poniatowska ou Susanna Rafart e incorporaranse textos de teatro e ensaio. En total, máis dunha vintena de textos de autoras, entre as que non faltarán indispensables como Teresa de Ávila, Aída Cartaxena Portalatín, María Moliner, Gabriela Mistral ou Francisca Aguirre... seguir lendo na BNE.

martes, 12 de outubro de 2021

Xurxo Mariño en Órbita Laika

 

Xurxo Mariño, o noso científico de cabeceira, estivo en Órbita Laika falando non dos cinco sentidos senón dos nove sentidos que os humáns temos. 
Non deixes de ver a sección do programa ou o visitar o canal en RTVE Play Órbita Laika onde atoparás ciencia divertida para todos os públicos. 
O programa leva xa 6 temporadas explorando a maxia da ciencia con tamas variados e todo tipo de curiosidades da man de expertos que axudan aos espectadores a entender o seu contorno e abrir a mente a novas experiencias e coñecementos.

mércores, 6 de outubro de 2021

A exposición "O noso planeta" en Ferrol

En colaboración coa plataforma audiovisual Netflix, está a vosa disposición a exposición «O noso planeta», baseada na serie homónima e coa participación de David  Attenborough. 

Este traballo fotográfico tenta concienciar sobre a problemática á que se enfronta o planeta pola acción do ser humano: plásticos, encoros, quecemento global, contaminación, etc. Mergullámonos na beleza natural do planeta Terra para reflexionar sobre o impacto da nosa actividade, así como sobre a necesidade inminente de incorporar a sustentabilidade á nosa forma de vida. 

Unha exposición con imaxes sorprendentes, elementos audiovisuais e interactivos, realidade virtual e unha mensaxe imprescindible...seguir lendo.

En Ferrol na   desde onte ate o 8 de xaneiro, non a perdades!!!

martes, 5 de outubro de 2021

Día do docente

 

Como hoxe é o noso día vos achegamos unha escolla de obras relacionadas con nos.


domingo, 3 de outubro de 2021

Tal día coma hoxe...Anxeles Alvariño cumpriría 105 anos

 

Seguro que lembrades a Ánxeles Alvariño da Olimpiada Cultural de fai 2 anos, pois ben, hoxe cumpriría 105 anos.

María de los Ángeles Alvariño González, coñecida como Ángeles Alvariño, foi unha oceanógrafa, zoóloga e profesora española. Precursora na investigación oceanográfica mundial, en 1953-54 foi a primeira muller científica nun buque oceanográfico británico, o Sarsia.

Se queredes saber máis, entrade na web de Oceánicas onde descubriredes datos sorprendentes desta pioneira da nosa comarca, pois como sabedes era de Serantes.