Páginas

xoves, 31 de marzo de 2022

Novidade: Manos a la tierra

 


Coidar un xardín e observar a natureza é algo que podemos facer todos, mesmo se só temos un pequeno patio, un balcón ou tan só unha xanela. Este libro ofrece unha vintena de ideas e proxectos relacionados coa natureza, que farán que os máis pequenos da casa póñanse «mans á terra». Preparar un pequeno xardín para polinizadores nunha maceta, facer bólas de sementes das que brotarán flores na beirarrúa, cultivar novas plantas a partir de restos de hortalizas ou deseñar fragantes tarxetas de felicitación resultará fácil e irresistible para os xardineiros curiosos.

Manos a la tierra. Cuida tu propio jardín

mércores, 30 de marzo de 2022

Mapas literarios, onde te gustaría perderte?


Hai historias que non poderían suceder en calquera lugar. Como ocorre con toda a gran literatura, a ambientación, o escenario e a paisaxe son tan importantes e reconocibles para o relato como os propios personaxes. Este libro profunda na xeografía, a localización e o terreo das nosas obras literarias máis queridas e examina a forma na que a contorna e os atributos ambientais inuen na narración, no carácter e na nosa resposta emocional como lectores. Danse cita máis de cincuenta mundos literarios e examínase como a contorna destes é intrínseco ás historias que se desenvolven dentro das súas fronteiras.

Paisaxes literarios, atopa o te e mergúllate nel!

venres, 25 de marzo de 2022

Encontros PLAMBE: Estivemos aí


O venres 25 de marzo celebránronse, no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela, os Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares correspondentes ao curso 2021/2022, con intervención de persoas expertas en diversos ámbitos relacionados coas bibliotecas, a lectura, a literatura, a comunicación, a mediación lectora, a alfabetización mediática e informacional, o patrimonio inmaterial. Ademais, presentaranse un total de 18 experiencias de centros de moi diverso contido (funcionamento da biblioteca escolar, traballo por proxectos, familias na biblioteca escolar, radio na biblio, biblioteca inclusiva, voluntariado e outros... ). 

Un espazo de encontro no que as bibliotecas escolares de Galicia teñen a palabra. 

Ver o programa.

Os contidos das sesións pódense visualizar próximamente en RedeBE.

Novedad: Violeta de Isabel Allende


Durante anos tivemos a Isabel Allende como fondo de armario nos nosos clubs de lectura, agora vos presentamos Violeta última obra da nosa autora fetiche.
Esperamos que disfrutedes con ela igual que co resto de obras.

martes, 15 de marzo de 2022

Entroido: resolución do concurso "E tí de quen ves sendo?"


Despois de diversos atrancos no concurso, e de pasalo xenial adiviñando quen está detrás do disfraz, resolvemos os gazapos e o nome do personaxe oculto.
Esperamos que aprendérades moito das biografías das personaxes agochadas!!

Se queredes ver as fotos da exposición, tedes que pasar polo corredor do centro.

luns, 14 de marzo de 2022

Pi Day

 

No Día de Pi queremos lembrar a lonxitude deste número tan longo que, como veredes, non ten fin.
Os números foron feitos por alumnos de todos os niveis, grazas pola vosa colaboración.

mércores, 9 de marzo de 2022

8 de Marzo: Polo principio coeducación no 1º ciclo ESO


Preguntas:
  • Cal cres que pode ser unha boa profesión para un rapaz?
  • Cal cres que pode ser unha boa profesión para unha rapaza?
  • Como crees que ten que ser un rapaz para gustarlle a unha rapaza?
  • Como ten que ser unha rapaza para que lle guste a un rapaz?
  • Como vemos aos rapaces?
  • Como vemos ás rapazas?
  • Que farías se ao teu noivo non lle gustaran as túas amigxs?
  • .....

8 de Marzo: Pola Igualdade, Naciones Unidas

Este 8 de marzo, Día Internacional da Muller, úneche a ONU Mujeres e ao mundo baixo o lema "Igualdade de xénero hoxe para un mañá sostible" e reclamemos unha acción polo clima por e para as mulleres. As mulleres e as nenas sofren máis o impacto da crise climática xa que esta amplifica as desigualdades de xénero existentes e pon a vida e os medios de vida das mulleres en perigo. A participación plena e igualitaria das mulleres na toma de decisións é unha prioridade máxima na loita contra o cambio climático. Recoñezamos e celebremos a contribución de todas aquelas líderes que nos guían cara a un futuro máis sostible para todos. Comparte a mensaxe co mundo!

Un futuro sostible e igualitario permanecerá fóra do noso alcance sen igualdade de xénero hoxe.
Seguir lendo en UN.org

Este ano a conmemoración oficial do eventocelebrarase virtualmente o 8 de marzo de 2021, de 10:00  h a 11:30  h ( ET). O acto reunirá a personalidades e activistas pola igualdade de xénero e o cambio climático como Jane Goodall e tras el celebraranse unha mesa redonda de alto nivel e diversas actuacións musicais.

martes, 8 de marzo de 2022

8 de Marzo: Pola Igualdade con Manos Unidas


Con motivo do Día Internacional da Muller, que se celebra o 8 de marzo, Mans Unidas quere poñer o foco nas mulleres empobrecidas, as máis vulnerables e castigadas pola desigualdade imperante no mundo, que condena á fame e a pobreza a millóns de persoas. Unha desigualdade que a ONG da Igrexa católica está a denunciar coa súa campaña «A nosa indiferenza os condena ao esquecemento».

Seguir lendo en Manos Unidas.

Visita de autores: Ana Alcolea


Hoxe disfrutaremos da visita de Ana Alcolea, quen xa nos acompañara no 2017.
Nesta ocasión falounos de El secreto del galeón, El secreto del espejo e La hora más oscura, obras que leron os distintos grupos de club de lectura. Tamén nos comentou o seu proceso de escrita, cómo cando comeza unha obra non sabe onde lle levará a súa idea inicial, que sempre lle gusta recoller momentos da nosa historia para conectalos có presente.
Agora acaba de publicar Las chicas de la 305 obra que esperamos ter no noso catálogo próximamente.

luns, 7 de marzo de 2022

8 de Marzo: Educación para a Igualdade



Esta é a nosa selección dos fondos sobre a temática de Educación para a Igualdade, se botades en falta algún, non dubidedes en facer a recomendación para mercalo.

8 de Marzo: Donas de sí

 
Preme na imaxe para velas

Polo 8 de marzo falamos en positivo das mulleres que foron donas de sí e superaron a fenda de xénero aínda que con antrancos.

Podedes disfrutar da exposición e descubrir as súas obras grazas ao traballo do equipo de biblioteca do CFPI Ferrolterra e a Juan Casal que nola cedeu.

No boletín da exposición podedes atopar as mulleres que se describen e se son correctos na biblioteca vos entregarán as pegatinas das mulleres.

sábado, 5 de marzo de 2022

Día do Cómic

 O 5 de marzo celebrarase por primeira vez o Día do Cómic, en conmemoración do mes no que naceu a mítica revista “TBO”. Trátase dunha xornada de celebración da cultura do cómic cuxo obxectivo é “promover a divulgación do medio artístico, reivindicar o seu papel social e de recuperación da memoria artística e histórica dos autores españois”.

O encargado de ilustrar o cartel desta primeira edición do Día do Cómic foi Magius (Diego Corbalán), recentemente galardoado co Premio Nacional do Cómic 2021.

Ver no noso catálogo os fondos de banda deseñada e cómic.

venres, 4 de marzo de 2022

Lectura Dixital para as Bibliotecas Escolares

Preme na imaxe

Como centro integrado no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE), dispoñemos dunha plataforma de lectura e préstamo de contidos dixitais proporcionados pola Consellería de Educación.

Os contidos bega-elbe2.edu.xunta.es están dispoñibles en diferentes linguas, cunha especial atención á presenza de contidos en lingua galega, e estruturados por temáticas, linguas, autoría, etapas educativas, xéneros (informativos e de ficción), para facilitar o acceso de usuarios ás obras. 

Trátase de contidos dixitais que poden utilizarse online e tamén offline, en todo momento e lugar, e que se adaptan a diferentes soportes de lectura (computador ou dispositivos móbiles).

Instrucións e pautas de acceso.

martes, 1 de marzo de 2022