Se queredes ver o boletín cos enlaces premede aquí
Este libro, como o tempo, desprégase como un acordeón: atravesa as eras xeolóxicas, presentando, en cada unha delas, ás criaturas que habitaban o mundo: bacterias, plantas unicelulares, dinosauros, mamíferos, etc. Esta é unha verdadeira expedición ao comezo do tempo, para comprender como foi a evolución da vida na Terra. Dun lado do libro-acordeón, están desenvoltas as épocas terrestres nun colorido despregue, acompañado de breves textos explicativos. No reverso, represéntase a historia da Terra mediante unha cronoloxía gráfica, que finaliza co desenvolvemento da especie humana.
Un pracer percorrer "La gran expedición" xa na biblioteca.
Máis de oito millóns de especies animais nadan, sobrevoan, axexan e deslízanse polo noso planeta, mentres locen baixo o sol a súa asombrosa gama de tons e estampados. Pero cal é o porqué das súas fermosas cores? Por que algúns animais optan por unha capa dunha única cor, mentres que outros prefiren un crisol de tonalidades? Que función teñen as manchas e as raias? Por que algunhas crías son tan diferentes aos seus pais? No Caleidoscopio Animal, unha viaxe a través do arco da vella da nosa fauna descubriremos desde paxaros con plumas iridiscentes e gatos de pelame sofisticada ata peixes con escamas relucentes e ras de pel venenosa. Todos estes curiosos revestimentos teñen unha razón de ser: axudan aos animais para sobrevivir e a proliferar. Os patróns da súa pel, os seus atrevidos debuxos e rechamantes cores axúdannos a distinguir entre machos e femias, entre mozas e adultos; tamén a diferenciar quen son débiles ou fortes. Sexa cal for o seu propósito, as cores e deseños das criaturas fan do noso mundo un lugar máis belo e interesante.
O evento está relacionado coa iniciativa "Rapazas Emprendedoras nas TIC" do Plan Proxecta e o proxecto europeo ICT-Go-Girls! e colaborando coa Secretaría Xeral de Igualdade.
Este evento está dirixido especialmente a todos os centros escolares de Galicia, principalmente último ciclo de primaria e educación secundaria, que poden participar na retransmisión da videoconferencia en vivo ao evento, facer preguntas e intervencións dirixidas ás participantes no CESGA.
As Letras Galegas 2022, dedicadas a Florencio Delgado Gurriarán, permiten a redescuberta dun autor inserido nas coordenadas da vangarda enxebre ao que cómpre engadir unha poesía, bastante descoñecida, que contén cantos xeórxicos, exaltacións dionisíacas e eróticas ou que participa da poesía de combate e denuncia social.
A Obra poética de Florencio Delgado Gurriarán inclúe Bebedeira (1934), Galicia infinda (1963), Cantarenas (1981) e O soño do guieiro (1986), así como un monllo de textos aparecidos en publicacións periódicas que confirman un autor que non só continúa o ronsel iniciado por Amado Carballo, senón que presenta variados estilos e temáticas. Esta rigorosa edición da Obra poética, que recompila toda a produción lírica coñecida do autor valdeorrés, estivo ao coidado do profesor e crítico Xosé Ramón Pena, que leva a termo unha ampla e minuciosa análise da obra de Delgado Gurriarán, así como da fixación dos textos.