Páginas

luns, 30 de maio de 2022

Arte e palabra

Os alumnos de Debuxo Artístico nos fixeron un agasallo neste mes tan literario, unha interpretación visual de varios textos.

Moitas grazas a Carmen Ozema, profesora creadora da actividade, e a todo o alumnado que puxo arte na palabra.

luns, 23 de maio de 2022

ExpOtaku 2022

 


Nos 2 cursos pasados non puidemos asistir ao ExpOtaku por mor da pandemia, pero este curso nos desquitamos e asistimos membros do club de manga e o resto dos clubs de lectura convencionais, non podía ser doutro xeito pois foi a 1º excursión do ano, por fin!

A rosa incandescente

 

Neste día queremos felicitar a Anxos García Fonte e a Glafira Fernández-Campoamor polo seu magnífico traballo e a súa xenerosidade creando uns materiais excepcionais sobre a figura da nosa poeta universal; Rosalía de Castro.
No seu momento visionamos a película, na presentación en Chantada e agora vai rulando por moitos lugares, lles desexamos todos os parabéns e que nos certames aos que se presente, os gañe.
Podedes atopar toda a información na súa conta de facebook "A rosa incandescente" ou no seu Instagram.

luns, 16 de maio de 2022

Visitounos Ledicia Costa

 

O pasado luns 9 de maio veu visitarnos Ledicia Costas, xa levabamos anos pendentes de ter este encontro pois nos distintos clubs de lectura disfrutamos de Escarlatina, Esmeraldina, Infamia, Jules Verne e as mulleres planta, O corazón de Xúpiter..., e agora Golpes de Luz, novela publicada este ano.

María López de 2º de BAC fixo a presentación da autora e esta falounos da escrita, de cómo chegou a ela, o que supuxo falar do Vigo da súa infancia lembrando ao seu padriño, o ambiente da droga naqueles tempos, da forza das mulleres reflexada nunha avóa máxica, Luz, que é todo un símbolo do matriarcado. A recibimos cunha Esmeraldina cociñeira un pouco crecida pero ben vestidiña.

Para os que queirades escoitala, temos unha mostra da súa intervención pero sempre é un pracer escoitala en persoa.

Moitas grazas a Isabel Armesto de Xerais por facer posible este encontro cos rapaces de 2º BAC, 4º ESO e algún que outro membro do club de lectura.

venres, 13 de maio de 2022

Letras Galegas 2022: Florencio Delgado Gurriarán

Preme na imaxe

Nesta semana tan especial vos achegamos a figura do personaxe galardoado coas Letras Galegas deste ano. O poeta que cruzou o océano é un reflexo da cultura galega no século XX. Militante do Partido Galeguista, exiliado en América, colaborador de Castelao, promotor de iniciativas editoriais e radiofónicas. Como poeta escribiu entre dous mundos: a súa terra de Valdeorras e o país de acollida, México. No especial do Consello da Cultura Galega atoparedes diferentes contidos co obxectivo de dar a coñecer a vida e obra do poeta e poñer en valor o seu legado.
 

venres, 6 de maio de 2022

ExpOtaku 2022: Programa de actividades

 
Xa estamos quentando motores para a nosa 1º excursión do curso, ao ExpOtaku.
Premede na imaxe para ver o programa do venres.

xoves, 5 de maio de 2022