Páginas

venres, 22 de marzo de 2024

Estreo do Itinerario lector de Música

 Como sabede, desde os distintos departamentos facemos unha escolla de fondos para recomendarvos a lectura. Igual que temos o de Matemáticas, Ciencias, Ciencias Sociais, Economía... estreamos o de Música onde recoñeceredes algún dos fondos que están ha hora de ler. 

Todos os itinerarios os tedes na columna da dereita na sección O recanto do Esquío.

Iremos aumentando a recomendación pero de momento:

Premede na imaxe para acceder


martes, 19 de marzo de 2024

Novidade: Cómics existenciais


 Que pasaría se xuntásemos a filósofos e pensadores de todas as épocas, tales como Dostoievski, Sartre, Platón, Wittgenstein, Nietzsche, Beauvoir, Sócrates, Kant ou Camus nun mesmo tribunal, nunha oficina moderna ou nun terreo de xogo para disputar un partido? 

Corey Mohler (Portland, OR, Estados Unidos, 1985), que conta coa improbable virtude de ser transcendental á vez que divertido, brinda nestes Cómics existenciais a posibilidade de gozar a través dunhas páxinas que oscilan, en natural equilibrio, entre a reflexión sosegada e o hilarante do chiste fácil.

Revolución. Liberdade radical, Angustia, Desasosego, Autenticidade, Ansiedade, Ambigüidade, A vida carece de sentido e despois morres.

Xa na nosa biblioteca!

luns, 18 de marzo de 2024

Novidade: La sociedad de la nieve


A sociedade da neve é o libro definitivo sobre a historia máis incrible xamais contada. Se fose ficción, resultaría inverosímil. Pero foi e é verdade, e todos os sobrevivientes falan por primeira vez desde aquel accidente de avión que os atopou con ao redor de vinte anos en Ándelos, a catro mil metros de altura, con trinta graos baixo cero, sen abrigo nin comida. Pablo Vierci acompañou a un grupo de sobrevivientes cos seus fillos á montaña. Cada un dos dezaseis lembra en primeira persoa como foron os setenta e dous días na cordilleira, como superaron esa situación extrema, como entenderon a morte, que significou o accidente e como influíu na súa vida posterior. 

preme na imaxe


venres, 15 de marzo de 2024

Gañadores do concurso "E tí, de quen ves sendo" ed 2024


Moitas grazas aos participantes e a todos os profesores por prestarse a dar a súa imaxe para o concurso.

xoves, 14 de marzo de 2024

Novidade: El cielo en la cabeza

preme na imaxe

Cando os noticiarios e a prensa abre cada día có drama de tantas vidas perdidas 
pola busca dunha vida mellor....El cielo en la cabeza

Para Nivek, o horizonte termina nas inmediacións da mina de coltán onde traballa. Despois de sobrevivir milagrosamente a un derrube, leste terá que emprender unha viaxe monstruosa, aterrador e sen retorno polas belas, traizoeiras e máxicas terras de África nun traxecto cuxa distancia non se mide en quilómetros, senón en horrores e en vidas humanas.

mércores, 13 de marzo de 2024

luns, 11 de marzo de 2024

Día do Naturalismo Galego

O pasado 9 de marzo cumpriuse o primeiro aniversario do Día do Naturalismo Galego, que se conmemora ese día porque coincide coa data de nacemento do Pai Martín Sarmiento, un frade nado en 1695 no Bierzo, que pasou os seus primeiros anos en Pontevedra, e que está considerado un dos pais da filoloxía galega, sendo determinante tamén nas investigacións históricas, xurídicas e naturalistas.

Para honrar este día, a Comisión de Ornitonimia da Real Academia Galega vén de elaborar unha lista unificada dos nomes galegos para as aves e os paxaros presentes ou citados en Galicia e en España, que pronto poderemos atopar nunha edición impresa.

xoves, 7 de marzo de 2024

Unha viaxe tecnolóxica ao pasado

Queres coñecer como era o teu concello no pasado? A web Cronobook xeolocaliza imaxes desde 1830 ata a actualidade e permite coñecer como eran distintas aldeas, vilas e cidades a través dun mapa interactivo que amosa fotografías históricas.

martes, 5 de marzo de 2024

8 de marzo: Mulleres que foron donas de sí

 
Preme na imaxe para velas

Polo 8 de marzo falamos en positivo das mulleres que foron donas de sí e superaron a fenda de xénero aínda que con antrancos.

Podedes disfrutar da exposición e descubrir as súas obras grazas ao traballo do equipo de biblioteca do CFPI Ferrolterra e a Juan Casal que nola cedeu.

No boletín da exposición podedes atopar as mulleres que se describen e se son correctos na biblioteca vos entregarán as pegatinas das mulleres.

luns, 4 de marzo de 2024

Solución ao concurso E tí... de quen ves sendo? Edición 2024

Premede na imaxe para anpliala e disfrutade na galería coas imaxes reais das personaxes.

Moitas grazas ao alumnado por participar e ao profesorado...

pois sen moitas destas personaxes non teríamos o nivel de avance científico, democrático e de igualdade que disfrutamos hoxe en día no mundo occidental.
Ese era o noso obxectivo: que coñecérades ou investigárades quen foron e o que lles debemos, ademáis de disfrutar con algún deles...
Os premios aos gañadores se entregarán o venres 8 no 2º recreo na biblioteca, no Día da Muller, unha data moi sinalada que lembramos coa figura de tantas mulleres da exposición.