Páginas

luns, 28 de maio de 2007

Viaxar sen saír de casa

Coñecer lugares afastados ou próximos, animais no seu hábitat natural, outros xeitos de vida ou un novo enfoque sobre o noso estilo de vida. Ter acceso a mapas extraordinarios e moitas máis cousas sen facer grandes desembolsos, sen esperas eternas en estacións e aeroportos e sen viaxes incómodas. No sofá da túa casa ou da biblioteca podes telo todo.

Cada mes, na revista atoparás algo que te sorprenderá, artigos interesantes e fotos, pero qué fotos. Na biblioteca tes á túa disposición a versión en español e números atrasados en inglés.

E se queres máis podes ver a súas páxinas web, en español e en inglés, nas que podes ver animacións, descargar fondos de escritorio, ver e oír máis sobre as reportaxes, consultar números atrasados e, de paso, e practicar inglés. Recoméndovos entrar na páxina e buscar os artigos referentes a Galicia. Para coñecerse, é bo saber cómo nos ven os demáis.

Que non so imos vivir do Marca ou do ¡Hola!.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas