Páginas

sábado, 30 de xuño de 2007

Ata o curso que ven



Esperamos que ou noso traballo vos resultase de interese... pero preparádevos para ou curso que ven!

venres, 29 de xuño de 2007

O Principiño


Hoxe é o aniversario do nacemento de Antoine de Saint-Exupéry,quen foi un aviador e literato francés que só viviu escasos 44 anos. Naceu en Lyon, en 1900 pero nunca se soubo que ocorreu con Saint-Exupéry , xa que desapareceu para sempre nunha misión de recoñecemento, cando sobrevoaba a Francia ocupada polos nazis, durante a Segunda Guerra Mundial. Saint-Exupéry comezou escribindo en prosa lírica vivencias de carácter novelesco, pero a súa obra máis famosa e pola que transcendeu é O Principiño, un conto longo que en formato de libro bateu marcas de venda no mundo e en todos os idiomas desde 1943, ano en que se publicou por primeira vez en francés.
Nas súas páxinas evócanse os valores máis arraigados e esenciais do humanismo: a solidariedade, bondade, enteiriza, tenacidade, compañeirismo e entusiasmo polo coñecemento.
O libro é un símbolo de procura permanente do home, daqueles principios que enriquecen o espírito e que traen paz infinita ao alma.
Podes lelo na biblioteca ou na pantalla do voso ordenador.

xoves, 28 de xuño de 2007

"De ben nacidos é ser agradecidos"


A Rodrigo, o arquitecto deste tinglado e voluntario sen condicións. A Loles, que está en todo, e tanto cadra contas como maquina unha actividade ou che aparece cunha estantería moi apañada para que nos fixemos nos libros. A Begoña, sempre redactando, enmaquetando, inventando..., traballadora entusiasta á que non lle podemos dicir que non. A Marta, atenta a espremer os libros ou a Internet para mostrarnos verdades. A Concha, a Denise, aos-ás profesores de garda...

A todos-as, moitas grazas e bó verán.

martes, 26 de xuño de 2007

Chicas de alambre


Hoy quiero recomendaros un libro para el verano que sé que muchos ya habéis leído… ¡por algo será!
Se trata de Las chicas de alambre de Jordi Sierra i Fabra que habla del mundo de la moda y la anorexia.
Una compañera vuestra, Brianda, ha hecho unos comentarios sobre el libro que me parecen de los más adecuados.

Las chicas de Alambre, de Jordi Serra i Fabra

Comentado por Brianda

La obra aborda el trágico problema que afecta hoy en día a tantos adolescentes e incluso niños y niñas , que es la anorexia , y lo hace de una forma que resulta totalmente creíble ya que el ambiente en el que se desarrolla la trama, el mundo de la moda, es uno de los más afectados por esta terrible enfermedad.

(sigue)

Otro libro que aborda el mismo tema es el de Amélie Nothomb, Un nome de diccionario.

domingo, 24 de xuño de 2007

A Terra Media instalouse en Galicia


A Terra Media instalouse en Galicia. Escenarios, efectos especiais e personaxes principais, con toda clase de dispositivos bélicos ou de deseño, que permitiron recrear no cine o mundo fantástico ideado polo novelista J. R. R. Tolkien ocupan desde hoxe todas as salas e plantas das sedes na Coruña e Santiago da Fundación Caixa Galicia. A espectacular exposición sobre a triloxía cinematográfica de "O señor dos aneis"poderemola visitar ata o 16 de setembro.
Chaman a atención as reproducións a tamaño real da criatura Gollum, rodeada de ananos e elfos, do monstruoso Trol das Cavernas ou do cadáver, dun impresionante realismo, de Boromir xacendo nunha barca, así como os traxes e obxectos de bixutería que luciron os actores. Entre estes está o magnífico vestido de pedrería da raíña Galadriel, o de noiva de Arwen ou a armadura do rei Théoden. Nunha pequena sala, dentro dun tubo con auga, flota o famoso anel único.
(desde El País)

sábado, 23 de xuño de 2007

Salto por enriba do lume de San Xoán, para que non me trabe nin cadela nin can


A nosa longa noite de San Xoán é, en Galicia, unha noite moi curta, a máis curta do ano. Pero por curta, non quere dicir que nesa noite non sucedan cousas, senón todo o contrario, as cousas que suceden, nesas poucas horas nocturnas que van do 23 ó 24 de xuño, son moitas e, quizais, das máis interesantes do todo o ano.É, sen dubidalo, e dende os tempos máis remotos, unha das noites máis máxicas galegas, e a que coincide coa celebración do solsticio de verán. As meigas andan soltas e ninguén sabe o que vai acontecer...
É a noite do lume, das lumeiradas, fogueiras, cachelas ou cacharelas... A noite da auga, na que reviven as propiedades das fontes santas e milagreiras, a que purifica e fecunda coas nove ondas do mar (que, en realidade, son sete)... A noite do orballo, e, tamén, do mundo vexetal –onde as plantas acadan o mellor das súas propiedades máxicas e mais de curación.
Nesa noite, onde tódolos milagres e os encantos son posíbeis, é o lume o maior protagonista.
O lume de San Xoán ten moitas virtudes, todas elas de purificación. É tradición saltar, varias veces, a fogueira; por suposto, sempre nun número impar e saltando dunha vez para un lado e outra vez para outro. É bo contra o mal de ollo, meigallos, distintas enfermidades, sempre e cando fagamos a invocación mentres o saltamos:
Salto por enriba do lume de San Xoán, para que non me trabe nin cadela nin can.
E logo, cando chegue a hora de bota-la borralla da fogueira cara un río digamos aquilo de:
Demo maldito vaite de aí. Aí vai a borralla de San Xoán atrás de ti. Deus te leve ó mar onde non cantou galiña nin galo. E a que cantou, levouna o diaño.

Boa noite de San Xoan!

venres, 22 de xuño de 2007

Boletíns non só de cualificacións


Hoxe entregámosvos os boletíns de cualificacións e, como no cine, "sorrisos e bágoas". Esperemos que durante este tempo de relax non nos esquezamos de que o mellor amigo do estudante é...... o libro.
Botádelle unha ollada ao Boletín de Biblioteca de xuño para: decatarnos das novidades, o concurso de toponímia (seguimos sen saber onde vivimos e por que se chaman así os lugares polos que nos movemos), entreternos cuns enxeños matemáticos, recordar os traballos dos alumnos premiados, etc.
Aínda que volo entregamos, o tedes tamén aquí por se o esquecestes, do mesmo xeito que o trípitico Especial de Verán coas recomendacións para regalar ou que nos regalen, para ler ou que nos lean, poque non vos lembrades do pracer que supón escoitar ler a alguén? Facede a proba.

xoves, 21 de xuño de 2007

Nin máis nin menos, iguais.

Hoxe conmemoramos o Día Internacional para a Eliminación da Discriminación Racial e o asunto é moi serio porque son demasiadas as ocasións, na Historia e na actualidade, en que eses dereitos naturais do ser humano que son a Igualdade e a Liberdade careceron-en de valor. A todos e todas resúltannos penosamente cotiáns termos como racismo, xenofobía...
Dende a Biblio quixéramos que non pasárades de longo sobre esta conmemoración, e por iso propoñémosvos dúas películas do grandísimo director Steven Spielberg, dispoñibles no noso Fondo: Amistad, ambientada en 1839 nos Estados Unidos, que trata do tráfico de escravos africanos e a súa loita pola liberdade; e La Lista de Schindler, que nos achega ao horror do Holocausto que levaron a cabo os nazis durante a II Guerra Mundial







create your own slideshow









Cool Slideshows!

mércores, 20 de xuño de 2007

Alfonso X "O sabio" e os incendios



«Que no pongan fuego para quemar los montes,
e más que otra cosa las encinas.
E al que lo fallareis faciendo
que lo echen dentro»
Alfonso X o Sabio (1221-1284)

Nesa época xa se temían ós lumes. Non deixemos que esto volva a pasar.

martes, 19 de xuño de 2007

A Alhambra = unha das sete marabillas do mundo



Cool Slideshows!


A Alhambra xurdiu sobre o cerro chamado A Sabika, tamén denominado de San Pedro ou o Outeiro Vermello, pola cor da súa terra. Neste cerro existía unha fortaleza moi antiga, talvez do s.IX, e sobre ela o primeiro rei da dinastía nazarí, chamado Alhamar, comezou a construíla. Era o ano 1.239.
Podemos dar un paseo por ela, descubrindo os seus palacios, as súas fontes, os seus xardíns, as súas torres e as súas portas. A Alhambra era unha cidade para o rei nazarí, o seu goberno e os seus cabaleiros. Tamén vivían moitas persoas que se dedicaban a traballar nela.
Levamos anos gozando dela, admirando o seu silencio só roto polo ruído das fontes, soñando co seu pasado ao contemplar os seus xardíns... Fagamos que todo o mundo tamén a goce votando por ela para que a inclúan nas sete marabillas do mundo.
Aínda estamos a tempo.

luns, 18 de xuño de 2007

Quen lles puxo nome ás flores?



Agora que estamos rodeados de flores, vénnos á cabeza esta pregunta, e a resposta non está soamente nos antigos autores gregos ou latinos, ou nos científicos do renacemento senón máis cerca.
En 1735 Carlos Linneo, un naturalista e médico sueco, escribiu o seu Systema Naturae, obra que clasifica os reinos animal, vexetal e mineral e que continúa en vigor nos nosos días. É unha clasificación das especies coñecidas ata agora, baseándose no concepto de especie como un grupo de individuos semellantes, con antepasados comúns. Consiste en agrupar ás especies polos carácteres sexuais. Por exemplo, o reino vexetal ordénao en clases, segundo o número de estames da flor; estas, en ordes atendéndose ao número de pistilos e as ordes, finalmente, en xéneros e especies.
Unha curiosidade; dende pequeno Carlos Linneo sentíuse atraído pola historia natural, por iso é polo que cambiou o seu apelido, Ingermarsson, polo de Linneo, o nome sueco do tilo.

venres, 15 de xuño de 2007

Liberdade

Hoxe cúmprense 30 anos das primeiras eleccións democráticas celebradas en España despois de Franco. En 1977 os españois foron chamados ás urnas e empezaban a pecharse as feridas provocadas por séculos de guerras fratricidas entre os españois.

Como ó que se ten non se lle dá valor, é necesario recordar esta data e decatarse de que a democracia hai que coidala e fortalecela día a día. A tolerancia, a xustiza e a igualdade son dereitos polos que hai que loitar continuamente.

Xente como Adolfo Suárez, Santiago Carrillo, Dolores Ibárruri, Felipe González e moitos outros dos que oiredes falar estes días contribuíron a esta época de prosperidade da que disfrutamos hoxe, pero o maior esforzo fixérono todos eses homes e mulleres anónimos que deron a súa vida ou esqueceron ofensas, agravios, cárcere e cousas peores para contribuír á construcción do estado de dereito do que hoxe disfrutamos. Nunca na historia de España disfrutamos de tantos anos de paz e prosperidade como nestes anos de democracia.

Lembremos pois hoxe a todos ós que co seu esforzo fixeron posible o que hoxe somos.

Dylan chamando ás portas do ceo


O cantautor estadounidense Bob Dylan obtivo esta semana o Premio Príncipe de Asturias das Artes 2007, que se fallou en Oviedo.
Bob Dylan,o seu nome real é Robert Allen Zimmerman (Duluth ,Minnesota, EEUU- 1941), foi pioneiro na introdución da literatura na música popular e en fusionar os ritmos de orixe europea e afroamericanos, o que supuxo unha revolución de influencia decisiva para as xeracións de músicos posteriores.
O galardón recoñece no músico estadounidense o seu carácter de "mito vivente" da historia da música popular e "faro dunha xeración que tivo o soño de cambiar o mundo".A súa obra é "fiel reflexo do espírito dunha época que busca respostas no vento para os desexos que habitan no corazón dos seres humanos".
Escoitemos pois a este mito vivente.

xoves, 14 de xuño de 2007

Roma en 3D



Roma Reborn é un proxecto da Universidade de Virginia que consiste nun modelado completo da cidade de Roma en 3-D ambientada no século IV, con especial énfase en que a versión virtual concorde cos datos coñecidos sobre o tipo e distribución de edificios segundo datos arqueolóxicos e históricos. Os modelos 3-D pódense visitar dende fóra ou dentro e inclúen edificios característicos da cidade como o Coliseo, o Senado ou o Templo de Venus. Na web do proxecto hai ademais películas e fotografías dunha impresionante maquetas real de enorme tamaño con todo luxo de detalles.Se non te chega o da biblioteca entra na web e pasea polo Coliseo!

mércores, 13 de xuño de 2007

Quizais o mellor xeneral da Historia...








create your own slideshow

Tal día coma hoxe do ano 323 antes de Cristo finou na cidade de Babilonia aos trinta e tres anos de idade Alexandre Magno, xeneral macedonio (Grecia) que conquistou Exipto, Persia e chegou ata a India. É importante porque gracias a él a cultura grega (Helenismo) estendeuse polo Mediterráneo e Oriente Próximo, e aínda hoxe está ben presente (por exemplo, a Xeometría do matemático Euclídes é a que tí aprendes no Instituto).
Recoméndoche un libro e unha peli do noso Catálogo: Alejandro Magno, de Mary Renault, considerada a mellor novela histórica sobre o personaxe; e Alejandro Magno, de Oliver Stone, en DVD

martes, 12 de xuño de 2007

SCREAM - Stop Child Labour!


Calcúlase que 246 millóns de nenos e nenas son vítimas do traballo infantil. Preto dun 70% (171 millóns) destes nenos e nenas traballan en condicións perigosas, que inclúen a minería, labores agrícolas con produtos sometidos a químicos e pesticidas ou o manexo de maquinaria perigosa.
No Día Internacional contra o traballo infantil:Grita! Abaixo co traballo infantil!

luns, 11 de xuño de 2007

Entre bandidos



create your own slideshow


Agora que estan tan de moda os piratas,crémolos coñecer ben polos retratos feitos polo cine e a literatura, pero en ocasións non nos transmitiron a verdade daquel colectivo. En todo caso, tanto o cine como a literatura achegan ós espectadores ou ós lectores unha apaixoante parte da historia do Caribe.
Canto sabes dos piratas e do seu mundo? Fai este test e saberalo. Se despois do test queres saber algo máis, le ou navega, o que máis che apeteza

domingo, 10 de xuño de 2007

El valor de un cuento


Contar un cuento es un milagro.
Algo tan inexplicable como respirar, como abrazar a alguien, como enamorarse.
Algo que puede ocurrir sólo de vez en cuando, aunque nunca sepamos si este estremecimiento fue el aleteo de un ángel o una corriente de aire.

No es cosa de decir: "voy a contar un cuento".
Sería como decir: "voy a hacer un milagro".
Hace falta que llegue su hora y que haya cómplices,
El cuento es un misterio que sólo es revelado cuando alguien, tembloroso, se lo cuenta a alguien maravillado.

Entonces, cuando lo está contando se produce el prodigio:
El narrador regala con su palabra su piel, su sangre, su risa, su amor a corazón abierto.
Cuando niño, encerré unos gusanos en una caja vacía de cartón.
Pasaron unos días y al abrirla apareció una nube de mariposas que volaron al sol.
Así son los cuentos: sólo se transforman en el aire, sólo palpitan en el aliento de ese pretidigitador que es el Cuentacuentos.
Jorge Díaz

Seguiremos o consello de Luís e visitaremos a Feira do libro

sábado, 9 de xuño de 2007

Festa en Ferrol!



create your own slideshow



Sí queridos/as, porque os libros saen de marcha dende o luns 11 ata o domingo 17 polo Cantón de Ferrol, con gañas de coñecer xente... Así que non sexas parvo/a e aproveita a facer novos amigos para este verán!

venres, 8 de xuño de 2007

Dun recorte, unha obra de arte


Miguel Angel logrou dun bloque de mármore demasiado estreito que levaba tirado e maltratado polos elementos 40 anos no patio da catedral de Florencia, unha obra espectacular. Levoulle esculpila tres anos pero mereceu a pena. Miguel Angel logrou unha gran perfección anatómica, vigor e vitalidade. É a primeira vez que se representa ao personaxe bíblico que loitou contra Goliat como un ser ameazante e non como un adolescente Para iso sobredimensiona a cabeza, a xira un pouco (evita a frontalidade) e dá unha mirada expectante e segura, concentra o vigor na robustez da súa man tamén sobredimensionada (avultada; o xigantismo é típico de Miguel Angel), o corpo disposto en zig-zag... pasou á posteridade como patrón estético de anatomía e canon de beleza.
O 8 de xuño de 1504 foi instalado en Florencia fronte ao Ponche Vecchio, pero tras un incidente no que perdeu parte dun pé, foi trasladado á Academia e unha copia está ao aire libre na Piazza della Signoria.Se queres podes dar un paseo por Florencia e visitalo dende o teu ordenador.

xoves, 7 de xuño de 2007

O neutrón cumpre 75 anos.

Leo no diario “El País” que este ano se cumpren 75 anos do descubrimento do neutrón por Chadwick.
A parte da transcendencia que tivo no seu momento, gustaríame invitarvos a facer unha reflexión sobre o uso da ciencia e das consecuencias que ten no desenvolvemento humano.
Recoméndovos estes libros:

¿Está usted de broma, Sr. Feynman?” onde R. Feynman, Nobel de física, relata con moito humor experiencias da súa vida naqueles anos. Foi declarado non apto para o servizo militar por idiota, participou no Proxecto Manhattan, exerceu como profesor de física en varias universidades americanas, pintou, tocou nunha agrupación de samba e moitas outras cousas.

Las mentiras de la ciencia”. Federico di Trocchio fai un ensaio crítico sobre a situación da ciencia no mundo actual. Entre outras cousas ten moito que dicir sobre a homeopatía, a financiación da investigación e as consecuencias que os descubrimentos poden ter, tanto para o científicos como para a sociedade.

Bioética, de Jean Bernard. Eutanasia, clonación, doazón de órganos, ... Se a ciencia ten connotacións éticas, qué dicir da medicina. Este ensaio, esecrito por un médico con moita experiencia, reflexiona sobre as consecuencias das decisións dos médicos.

Espero que vos gusten.

O eterno viaxeiro



create your own slideshow

Paul Gauguin, o eterno viaxeiro, nado en París o 7 de xuño de 1848, reflexa nas súas obras o colorido dos países onde viviu: Francia, Perú, Dinamarca, Panamá, Martinica, Tahití e case España onde esperaba trasladarse antes da súa morte en 1903.
Recentemente descubríronse unhas caras ocultas nas obras de Gauguin relacionadas coas súas propias palabras dotando toda a súa obra dunha nova perspectiva. O artista holandés Peter Teekamp preséntanos neste vídeo outra forma de ver a obra deste artista francés.

mércores, 6 de xuño de 2007

8oo anos con Rodrigo Díaz de Vivar



Cúmprense oitocentos anos do manuscrito de Per Abat do Poema de Meu Cid, unha verdadeira xoia da literatura medieval. Un cantar de xesta que relata as fazañas heroicas dos últimos anos de vida do cabaleiro castelán Rodrigo Díaz de Vivar, personaxe histórico que, de xeito autónomo e á fronte dos seus propios guerreiros, dominou practicamente todo o oriente peninsular a finais do século XI.

Se queres coñecer o manuscrito, a ruta do personaxe ou os teus coñecementos sobre o personaxe, proba no cuestionario webquest sobre o Cid e boa sorte!

martes, 5 de xuño de 2007

O autor misterioso


Atopa ao personaxe do noso quebracabezas que escribiu este poema en galego:
Chove en Santiago
meu doce amor.
Camelia branca do ar
brila entebrecida ó sol.
Chove en Santiago
na noite escura.
Herbas de prata e de sono
cobren a valeira lúa.
Olla a choiva pola rúa,
laio de pedra e cristal.
Olla o vento esvaído
soma e cinza do teu mar.
Soma e cinza do teu mar
Santiago, lonxe do sol.
Agoa da mañán anterga
trema no meu corazón.

Se aínda non sabes quen é compróbao no vídeo e consulta na web ou no noso catálogo, porque hoxe é o aniversario do seu nacemento e podemos recordalo.

No Día Mundial do Medio Ambiente...



create your own slideshow



Ola meus!, hoxe celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente, aínda que vendo como o tratamos case vai ser máis axeitado preparar un velorio...

O caso é que mira que te mira polos andeis atopei tres propostas que quero compartir con vós: A primeira, en plan divulgación científica, tremendamente ilustrado e tocando todos os paos, "A Ecoloxía", da Enciclopedia Temática Ilustrada publicada por A Nosa Terra; pero se vos vai máis facer experimentos, algo de bricolaxe e coñecer curiosidades, recoméndovos o delicioso "50 cosas que los niños pueden hacer para salvar la Tierra". E finalmente se queredes ler prosa de categoría que engancha, "La tierra herida" do enorme Miguel Delibes, que fala co seu fillo biólogo do mal que vai a cousa e de se terá remedio...

Outras posibilidades poden ser que vos acheguedes directamente ao Catálogo para ver todo o que hai, ou que piquedes no enlace dos ecoloxistas de Greenpeace que está á esquerda.

Unha aperta verde (non sexades mal pensados/as) para todos/as!

luns, 4 de xuño de 2007

Saturno: Señor dos Aneis



create your own slideshow


Estas imaxes de cor dos aneis de Saturno foi realizada pola sonda Cassini cando unha estrela fugaz pasaba fronte ao planeta iluminando os seus aneis e quedando a estrela oculta tras eles.
Durante esa transición os científicos obteñen datos do material do que están feitos os aneis. Interesante verdade! Podédelo ver na web da NASA, ou no catálogo da biblioteca.

Premios letras galegas 2007

PREMIOS LETRAS GALEGAS 2007

Xa temos os gañadores do concurso das letras galegas.

Na categoría de ilustración de poemas as gañadoras foron:

TANIA CARBALLEIRA ANCA
ANDREA PÉREZ PERMUY

Obtiveron tres accesits

ABRAHAM GARCÍA PUENTES, 5
DAVID NOVO PANTÍN, 7
MARÍA GATO MARTÍNEZ, 6

Na categoría de marcapáxinas, tiveron premio:

JENNIFER GOTI ÁLVAREZ
ADRIÁN SILVENT COUCE

Por último, contestaron correctamente ó folleto que acompañaba á exposición:

SUSANA BASOA MÉNDEZ
JENNIFER GOTI ÁLVAREZ
ABRAHAM GARCÍA PUENTES
PATRICIA ROMERO FRANCO

A entrega de premios será hoxe luns na biblioteca.

venres, 1 de xuño de 2007

Con gaseosa.


Escoitastes algunha vez eso de "Os experimentos, con gaseosa". Pois Janice VanCleave escribíu varios libros de divulgación científica nos que ensina ciencia a través de experimentos sinxelos e divertidos. Na biblioteca temos Física para niños y jóvenes. 101 experimentos superdivertidos y Química para niños y jóvenes. 101 experimentos superdivertidos.
Como vedes no debuxo, pódese facer ciencia fóra do laboratorio e con pouca inversión.
Se vos gusta a ciencia aplicada é moi recomendable probar a facer algúns dos experimentos. E se non vos gosta, tamén. Veredes que é entretido e gratificante.

E se queredes algo máis teórico e aproveitando o tirón de Spiderman, podedes botarlle unha ollada a La física de los superhéroes.

Xa me contaredes.

CSI no IES?



create your own slideshow


Quen non coñece CSI nas súas distintas versións? Quen non ve películas de investigación científica? Este trimestre adquirimos uns libros que nos axudarán a coñecer as reviravoltas da física, química e ciencia en xeral e resolver esas dúbidas que nos asaltan de tanto en vez, ven a coñecelos!