Atopa ao personaxe do noso quebracabezas que escribiu este
poema en galego:
Chove en Santiago
meu doce amor.
Camelia branca do ar
brila entebrecida ó sol.
Chove en Santiago
na noite escura.
Herbas de prata e de sono
cobren a valeira lúa.
Olla a choiva pola rúa,
laio de pedra e cristal.
Olla o vento esvaído
soma e cinza do teu mar.
Soma e cinza do teu mar
Santiago, lonxe do sol.
Agoa da mañán anterga
trema no meu corazón.
Se aínda non sabes quen é compróbao no vídeo e consulta na
web ou no
noso catálogo, porque hoxe é o aniversario do seu nacemento e podemos recordalo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas