Páginas
▼
luns, 1 de outubro de 2007
A beleza das matemáticas
Poderías demostrar que todo número par superior a dous é a suma de dous curmáns?
Este é o problema exposto por un dos protagonistas de El Tío Petros y la conjura de Goldbach que lonxe de ser un libro para xente de ciencias con coñecementos de matemáticas avanzadas, é unha guía de viaxe polo mundo da investigación fascinante das ciencias exactas, que aquí se presentan como unha forma de creación de beleza e procura de harmonía e perfección.
Apóstolos Doxiadis presenta a seguinte historia: A ovella negra da familia Papachristos é o tío Petros, un ancián sereno e afable que vive dos beneficios que xera a fábrica, herdanza do seu pai. Por azar, antes de ingresar na universidade, o seu novo sobriño descobre que o vello que se dedica a ocasionais partidas de xadrez é unha eminencia matemática retirada. Este é o principio das investigacións do sobriño para descubrir como un mozo e prometedor xenio matemático consagra toda a súa vida a resolver un dos tres problemas máis difíciles das matemáticas, a conxectura de Goldbach.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas