Páginas

xoves, 6 de setembro de 2007

Book Search integrado en Google Earth


Finalmente xa está funcionando a integración de Google Book Search en Google Earth.
Esta ferramenta permite que cando esteamos buscando información acerca de determinado sitio nos mapas de Google Earth podamos ler fragmentos de obras literarias que se refiren a el. O exemplo que nos dan en Google é o dos escritos de Tomás Jefferson.Imaxinamos que desde alí poderemos obter información achega do libro en cuestión e, por suposto, volver ver no mapa do lugar no que esteamos (se é que está dispoñible dentro do sistema) onde podemos conseguir o libro en físico ou se o podemos descargar en formato dixital.
Oxalá funcionase así con libros en español e noutras línguas tamén. Probablemente haxa que ter paciencia, pero a integración de Google avanza.
(Vía Papel en Blanco)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas