Páginas

venres, 12 de outubro de 2007

12 de outubro


Hoxe conmemoramos a chegada de Cristóbal Colón a América, feito que marcou o inicio dun proceso polo que os dous reinos máis occidentais de Europa espallaron a súa cultura por todo un continente.

A colonización e conquista de América, motivadas por razóns económicas fundamentalmente, tivo episodios dramáticos e consecuencias terribles para os pobos e os territorios. Só fixádevos no mapa, que recolle o Tratado de Tordesillas, no que España e Portugal repartiron o mundo en dous pedazos. Pero un vistazo a poboación de Iberoamérica, da que unha enorme porcentaxe é xove, da pé á esperanza de tempos mellores.

Entre tanto podemos achegarnos ás xentes e a cultura de Iberoamérica gracias a autores que mesturan as dúas tradicións, ibérica e americana, e, ademáis, escriben en español e en portugués. Así, e a bote pronto, ocórreseme que é un bo momento para ler obras de Borges, Vargas Llosa, Cortázar. García Márquez, Paulo Coelho, Bryce Echenique e moitos outros.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas