Páginas
▼
martes, 23 de outubro de 2007
Lendas urbanas.
Nunha clase da semana pasada unha alumna puña en dúbida que o home chegara a Lúa. E falou do movemento da bandeira, de reflexos no casco, pegadas extranas e outras cousas. Xa metidos en mentiras falamos do caso da muller desaparecida nun restaurante chinés, do caso dunha parella que se quedou sen gasolina nunha estrada afastada de noite e que acabou moi mal, e poderíamos seguir ata o infinito.
A imaxe enlaza co libro das paradoxas que xa tratei. Se vos fixades no fume pódese ver o perfil de Satanas, Belcebú, o Demo ou como lle queirades chamar. Xa estou oíndo a alguén dicindo aquelo de ¿Casualidade? Eu coido que non. Pos sí, e casualidade. O que nos vemos é o resultado do que hai e da imaxe que constrúe o noso cerebro. E neste caso non hai máis que lapas e fume. Aínda que pareza mentira, un suceso extraordinario calquera é moi probable. O que é moi improbable é un suceso extraordinario concreto.
É sorprendente a capacidade que teñen estas lendas de transmitirse no espazo (hai lendas comúns a ambos lados do Atlántico) e no tempo (versións diferentes da mesma historia adaptadas a cada época). Ademáis son unha boa radiografía da sociedade que as produce.
Hai pouco saíu unha reedición dun libro no que se recollen estas lendas. O libro chámase "Leyendas Urbanas", publicado por Antonio Ortí e Josep Sampere, que xa forma parte dos fondos da biblioteca.
En calquera caso sempre é bo contrastar calquera afirmación e para iso as bibliotecas son o mellor sitio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas