Páginas

venres, 2 de novembro de 2007

Unha realidade incómoda (II)

Seguindo coa ecoloxía hai unha serie de cousas que non entendo:

¿Porque, se a velocidade máxima en estrada é de 100 km/h e en autoestrada é de 120 km/h, moitos modelos de vehículos empezan a súa gama con motores de a partir de 80 C.V. que superan os 170 km/h? Dos que teñen máis de 150 C.V., nin falemos.

¿Por que facemos deporte e réxime para adelgazar e despois collemos o coche para ir a buscar o xornal, se o quiosco está á volta da esquina?

Se nos movemos sempre por cidade e imos solos no coche, ¿para que mercamos un coche de máis de cinco metros?

Como non coidemos os recursos, o modelo de coche máis vendido en poucos anos será o da foto. Son todo ventaxes, usa biocombustible, ten velocidade de sobra para o tráfico urbano e pode levar ata catro pasaxeiros.

Co uso e abuso do coche poderíamos encher varios blogs. Non só contaminan as grandes multinacionais, nos tamén contribuímos. Por certo, as multinacionais gañan moito diñeiro con elo, pero nos pagamos por contaminar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas