Páginas

venres, 26 de outubro de 2007

Unha verdade incómoda

Estes días está en España dando unha serie de conferencias Al Gore, premio Nobel da Paz 2007, nas que comenta o seu famoso documental “Unha verdade incómoda”, galardoado con moitos e diferentes premios e estreado recentemente. En moitos institutos e universidades xa se proxectou e o Goberno de España habilitou unha partida presupuestaria co fin de mercalo para os centros educativos.
Ademáis escolleu España como o primeiro país de fala hispana para desenvolver o seu proxecto Climate Project Spain, e para tal fin convocou en Sevilla a partir de hoxe e ata o día 28 a uns 200 líderes co obxectivo de concienciar da necesidade de frear os efectos do cambio climático, ver as crónicas de ABC e EL PAIS.
Pero nunha sociedade libre onde todo o mundo ten dereito a opinar, como a que queremos construír, pode aparecer xente que discrepa. Algúns poden respostar a escuros intereses, pero outros non, así que podedes botar unha ollada ó seguinte artigo de La Voz de Galicia.
Internet pon nas nosas mans a información, pero nin a escolle nin nos dí quen ten a razón. Agora é a vosa vez. Unha persoa libre toma decisións despois de informarse e sopesar diferentes argumentos, non porque o diga calquera líder de opinión que saia pola tele ou que vista e fale ben. ¿Quen dixo que ser libres é doado?

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas