Páginas

martes, 6 de novembro de 2007

Neda no mundo (I)

Unha compañeira comentou que cando se lles pide ós alumnos que escriban algo sobre onde viven, moitos din que como Neda non hai nada. Entón ocorréuseme mirar cómo nos ven dende fóra. E o xeito máis doado e facelo dende internet.
Cando un escribe Neda en Google aparecen 6 millóns de resultados. Nos primeiros lugares enlaces insticionais do Concello, da Deputación, e un blog moi interesante dun veciño, adolfoneda. No medio hai algúns acrónimos nacionais e extranxeiros.
Nas páxina do Concello hai moita información e moi útil para os veciños sobre novas locais, organismos e novas municipais e por suposto un apartado adicado a promocionar o turismo. É unha páxina moi recomendable, non só para os veciños, senón para todos aqueles que queren saber o que ocorre en Neda.
A páxina da Deputación está dirixida fundamentalmente ós potenciais vistantes.
Por último, adolfoneda é un blog dun médico e concelleiro de Neda moi interesante.
Seguiremos buscando Neda.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas