"
O neno do pixama de raias" vén precedido por un gran éxito en Irlanda e polo aviso da súa tradución a dúas decenas de idiomas.
Conta a experiencia de Bruno, un neno de nove anos fillo dun oficial nazi, que é destinado a un
campo de concentración.
O libro xoga coa contraposición entre a realidade sórdida e a mirada inxenua dun neno. Nesta fricción, dáse un proceso de aprendizaxe da traxedia dirixido principalmente ó propio lector.
En definitiva, unha boa narración, construída con delicadeza e recomendable para lectores desde a puberdade.
Se queres
ler as dúas primeiras páxinas entra aquí ou na nosa seción de novidades de Outubro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas