Queridos e queridas, de novo con vós para suxerirvos emisións televisivas sen efectos secundarios indesexables.Nesta ocasión quixera chamar a vosa atención sobre un programa moi movido e xa veterán, que tanto se nos presenta desde un río africano como desde o Himalaia, desde o xeo antártico ou unha cova submariña:
"Al filo de lo imposible" é aventura en estado puro, auténtica, sen poses; os protagonistas son de verdade, non de deseño ou vestidos para a ocasión. Os riscos e as dificultades que vemos e narran son reais, e as súas fazañas sobrepasan o traballo televisivo e convértensen as máis das veces en verdadeiros fitos deportivos.
Al filo... é deporte, xeografía, camaradería, nun envoltorio de factura perfecta, con imaxes espectaculares e abraiantes. Queda dito.
Canle: TVE. La 2
Emisión: Domingos ás 22:00 horas
Duración e formato: Serie en capítulos normalmente individuais, de pouco máis de media hora, con voz en off do narrador mentres vemos o desenvolvemento real da aventura, sen dramatización.
Por que o recomendo?: Porque non se fai pesada, promociona o deporte de aventura feito con seriedade e ten unha calidade de imaxe e unhas historias espectaculares.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas