Páginas

domingo, 9 de decembro de 2007

Pablo Iglesias

Pablo Iglesias foi un personaxe clave da historia de España. Naceu en Ferrol en 1850 e morreu tal día coma hoxe en Madrid no 1925. Entre os feitos máis destacados nos que participou están a fundación do PSOE, do que se escindiría tras diversos avatares o PCE, e da UGT.
En 1890 encabezou a primeira manifestación do 1 de maio en España, na que se esixía a xornada laboral de 8 horas e o cese do emprego de nenos en actividades laborais.
Foi elexido diputado, o primeiro do PSOE, en 1910 e mantivo o escano en sucesivas eleccións.
Moitas dos dereitos que hoxe nos parecen básicos foron loitados e gañados co esforzo de homes e mulleres que sacrificaron a súa vida para ofrecernos un futuro mellor.
Polo tanto, é xusto, tal día coma hoxe lembrarse dun ferrolano ilustre que loitou por un país mellor.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas