“A lingua é o primeiro instrumento do xenio dun pobo", dicía o escritor francés Henri Bayle, Stendhal. Alfabetización, coñecementos, integración social todo pasa pola lingua, que encarna a identidade nacional, cultural e, ás veces, relixiosa, dos individuos. Con todo, os especialistas estiman que máis da metade das 7.000 linguas que se falan no mundo corren risco de desaparecer, dada a súa falta de presenza na administración, a educación e os medios informativos. Por esta razón, as Nacións Unidas declararon 2008 Ano Internacional dos Idiomas e a UNESCO presentaráo o 21 de febreiro, Día Internacional da Lingua Materna.
Aquí temos o folleto informativo
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas