Páginas
▼
domingo, 13 de abril de 2008
Mes do libro: VI Xornadas Literarias: William Faulkner
A Xornadas Literarias que se celebran en Neda en conmemoración do Día do Libro permiten facer de Galicia un lugar de referencia para o estudo da obra de autores como James Joyce, Marcel Proust ou Xullo Cortazar.
Este ano as xornadas dedícanse a William Faulkner e ao seu legado literario. Celebraranse os días 24,25 e 26 de Abril coa presenza dos escritores Ramón Pernas e Milagres Frías, os investigadores Rachel Olfft Basse (da Universidade de Nova York) e Ted Olson (da East Tennessee Universtity), e o escritor e tradutor da obra de Faulkner ao galego Xurxo Borrazás.
Ademais, como todos os anos, un grupo de alumnos do noso instituto achegará a súa visión do autor co relatorio "Welcome to Yoknapatawpha".
As xornadas organízanse en colaboración coa Facultade de Humanidades da UDC. A inscrición é gratuíta e obtense 1 crédito de libre configuración (pódese formalizar persoalmente na Casa da Cultura de Neda, por teléfono, fax ou e-mail: cultura@neda.dicoruna.es)
Animádevos e participade!!
Boletín de inscrición e programa de actividades.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas