Páginas

sábado, 31 de xaneiro de 2009

La bicicleta de SUMJI


Nestes días en que berramos “non violencia”, queremos dar a coñecer este pequeno tesouro.

En Xerusalén, despois da Segunda Guerra Mundial.-
Sumji é un neno israelí de once anos. O seu tío regálalle unha bicicleta e a súa felicidade é inmensa, aínda que é unha bici de nena. Os seus amigos rinse del, pero Sumji soña con marchar lonxe, saír da cidade e chegar ao centro de África.
Quere ensinar o novo agasallo ao seu amigo do corazón, Aldo, e cando lle vai cambiar a éste a bici polo tren…

O maxistral novelista Amos Oz divírtenos!!




30 de Xaneiro. Conspiración pola Paz





  • PAZ?????????????
  • PAZ: PAM!. Balas. Confusión, asasinatos, bombas.
  • PAZ: PAF!. Golpes. Cambadelas da vida cotiá. Rancor. Violencia.
  • PAZ: PAZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZ. Soño. Sono indiferente da irresponsabilidade.
  • Non é un xogo. É a fraxilidade da palabra. Espello fiel da inestabilidade do seu significado.
  • Utopía imposíbel.
  • Palabra que xera poesía.
  • Poesía? Poesía e Paz.
  • Esta é a nosa proposta: un mundo reinado pola esperanza das palabras, palabras sublimes que permiten melodías, risos, soños... PAZ.

    Xesto simbólico o das Bibliotecas Escolares, que novamente unen voces, azos e esperanzas. A través do mosaico que supón, por fin na nosa comunidade, a integración de diferentes cores, razas, linguas... chega a poesía capaz de expresar unha mesma arela. O frenesí da humanidade dominado pola forza da palabra. Unidos contra a ignominia da morte inxusta, das violacións das mulleres, da violencia extrema, da existencia dos nenos-soldado, da vinganza. Optamos polo silencio das palabras, da súa mudez. Porque a súa música festexe os días de coñecemento. Porque os aloumiños que desprenden estas balas sexan quen de recargar o porvir. Porque o nosos pentagramas debuxen as fusas non confusas da ilusión, do mañá cargado de bombas de papel. Papeis que falan de sorrisos, de amores, de xustizas. Papeis convertidos en poesía.

    Hoxe, o noso alumnado, dende esas diferenzas que os converten en iguais, transfórmanse en trasnos portadores de equidade. Dende o pasado poético ao presente sonoro, ao futuro harmonioso.

  • Tanques de algodón
  • Armas de caramelo
  • O noso soño
  • O noso desexo
  • A nosa conspiración.


Grazas ao PLAMBE:

Blog da biblioteca do IES Alexandre Bóveda. Vigo.
O Segrel do Penedo. IES de Fene. Fene. A Coruña. `
Mesturas. IES Sánchez Cantón. Pontevedra.
Bibliobelesar. CEIP de Belesar. Belesar. Pontevedra.
Biblioandrade CEIP de Andrade. Pontedeume. A Coruña.
Bemilladoiro. Biblioteca do Ceip. Milladoiro. Malpica. A Coruña .
Biblioteca Olhos Grandes IES Nosa Señora dos Ollos Grandes . Lugo
Biblioteca do CEIP de Pazos. CEIP de Pazos. Ferrol. A Coruña.
Biblioteca do cole. CEIP Quintela de Moaña. Pontevedra .
Cadernos de Vide. Escola Unitaria de Vide. As Neves. Pontevedra.
Biblioteca Brea Segade. C.E.P. Xose Mª Brea Segade. Taragoña. Rianxo.
Biblioteca IES de Sanxenxo. Sanxenxo. Pontevedra.
Biblioteca IES R. O. do Uruguai. IES República O. do Uruguai. Vigo.
Biblioblogreboreda. Ceip Santo Paio de Abaixo, Reboreda. Pontevedra.
Biblioteca Colexio de Cervo. CEIP de Cervo. Lugo.
Bibliochispi. CEIP A Laxe-Marin. Pontevedra.
Participa tamén neste proxecto o blog Trafegando Ronseis

venres, 23 de xaneiro de 2009

A tecnoloxía avanza que é unha barbaridade...


Fai pouco dicíamos que podíamos visitar Roma, e moitas cidades grazas a Google Earth, pola prensa tamén sabemos que sin aparecer por Madrid podemos visitar a galería do Prado e fixarnos en moitos dos detalles das súas obras...Grazas a Microsiervos e Geo-eye podemos visualizar os arrededores do Congreso dos Estados Unidos durante a investidura do novo Presidente e os aproximadamente dous millóns de persoas que acudiron ao acto...que será o próximo?

xoves, 22 de xaneiro de 2009

A la conquista de los lectores perdidos



Tras una sesión de "bibliotequeros" (como nos llamaba Pepe de Málaga en las jornadas del PLAMBE) de BE de Ferrolterra, después de hablar de libros, de nuestros lectores en las bibliotecas escolares, de qué ofrecerles a nuestros participantes en el club de lectura, rescato un artículo de EL País de el 3 de enero de este mismo año, en el que se nos recuerda lo siguiente:
- "Con la adolescencia muchos dejan también de dibujar y pierden la creatividad abrumadora de la infancia. El cuerpo está demasiado ocupado en otras cosas, como su propia transformación"
- "Recorren tres fases: primero les gusta la narrativa fantástica, después les parece un poco infantil y optan por obras un poco más realistas y, finalmente, las encuentran demasiado adolescentes y no saben adónde ir. Se produce como un vacío, pero hay libros de sobra para llenarlo aunque, a veces, ellos no los conozcan"
- "Un libro bueno es siempre un libro bueno, pero hay que tener en cuenta el nivel lector del joven. Si presenta dificultades de comprensión puede desmotivar a los chicos"
- "A veces, las asignaturas que deberían trabajar en favor de la literatura consiguen el efecto contrario y crean arqueólogos de la lectura en vez de lectores"
- "Tal vez habría que dejar los clásicos llenos de polvo y centrarse en enseñarles la lectura como placer"

¿Nos suena verdad?

luns, 19 de xaneiro de 2009

Edgar Allan Poe



Se cumplen 200 años del nacimiento del escritor, precursor del cuento moderno y la novela detectivesca, y maestro del terror, el misterio y el romanticismo tenebroso.

Quizás esta noche, como siempre desde 1949, alguien dejará una botella medio vacía de coñac y un ramo de rosas rojas sobre la tumba del autor en el cementerio Old Western, en Baltimore, mientras el resto del mundo realice homenajes al autor de Los crímenes de la calle Morgue, El gato negro, El escarabajo de oro o El cuervo, su poema-símbolo.

(Vía El Diario de Sevilla)

Si te animas a leer sus obras puedes hacerlo online o en la biblioteca.

Y si quieres conocer a Edgar Allan Poe como persona, como autor y muchas otras cosas más visita English is all around.

Os ALUMNOS/AS opinan:


. JAVIER Otero.- 1ºESO-A: "No misterio dos fillos de Lúa matáronlle os fillos a esta gata; xa descubrín quen foi, por iso recomendo os últimos capítulos..."


. JOSÉ ANTONIO González.- 2ºESO-A: "Querido hijo: estás despedido. Un libro que me gustou porque é moi entretido, xa que botan a un rapaz da súa casa e queda só e triste."


. NEREA Filgueiras.- 2ºESO-A: " Encantoume Kafka y la muñeca viajera! Conta como unha nena pequena perdeu a súa boneca ; cre que ela lle manda cartas, pero... non podo contar nada máis. Tócavos lelo a vós, está moi ben!!

venres, 16 de xaneiro de 2009

Cine japonés de animación na biblioteca



Nas últimas adquisicións para a biblioteca de banda deseñada, incluímos títulos de Manga e Anime que xa todos coñecedes pero grazas a Hayao Miyazaki podemos disfrutar de dúas películas marabillosas que nos abren os ollos ante a amizade, a xenerosidade...
As reseñas están na columna da esquerda na sección 'De cine no Esquío' ou aquí mesmo. Disfrutade delas:

xoves, 15 de xaneiro de 2009

Palabras pola Paz

Dentro das celebracións deste mes de xaneiro está o Día Escolar da Paz e a Non Violencia. Qué ironía, agora co que está a caer!
Aproveitamos este día para comenzar unha serie de actividades sobre a PAZ lembrando a
Martin Luther King, Jr. no día do aniversario do seu nacemento.
Este personaxe, gañador do premio Nobel de la Paz, preocupouse pola non discriminación racial e pola paz.
Se queredes saber algo máis del podedes seguir o seu famoso discurso de "I have a dream" e moitas cousas máis no blog English is all around... pero de momento escoitemos as súas palabras pola paz.




Sabíades que U2 dedicou a súa canción Pride a Martin Luther King Jr.? Disfrutade dela.


Song lyrics | Pride lyrics

sábado, 10 de xaneiro de 2009

Un octoxenario chamado Tintin.

O 10 de xaneiro de 1929 Tintin aparece por primeira vez nas páxinas do Petit Vingtième. Tintin é un personaxe universal que, como moitas veces pasou, é máis coñecido que o seu autor, está traducido a moitas linguas e moita xente, de diferentes culturas e razas, se identifica con el.
A pesar da súa avanzada idade, esta de actualidade. Libros, exposicións, ensaios, páxinas de internet están a adicadas ó universo Tintin. O debuxo, as localizacións, os coches e as relacións entre os personaxes teñen dado e seguen dando moito xogo a todos os que, como a min, nos encanta Tintin.
Para rematar, que vos parece a versión de Tintin, actualizada, que atopei neste blog. Xa me contaredes

Para coñecer máis sobre a vida e obra de Hergé podedes consultar wikipedia e unha páxina adicada á súa biografía

Páxina oficial de Tintín

Tintín na biblioteca
Post sobre Herge no blogfesquio
Imprimir

venres, 9 de xaneiro de 2009

Xa podemos visitar Roma!




E é que as tecnoloxías avanzan unha barbaridade...! como dicían naquela famosa zarzuela.