martes, 22 de mayo de 2007

O pai de Tintín cumpre cen anos



No día de hoxe cómprese o primeiro centenario do nacemento de George Remi, coñecido como Hergé, o creador de Tintín.

Hergé creou outros personaxes pero Tintín deulle fama mundial. As súas aventuras foron adaptadas a filmes de animación e publícanse actualmente en moitos países e en diferentes linguas.

Tintín trascende á banda deseñada, é unha das iconas do século XX. Ensaios dende diferente puntos de vista, utilización da súa imaxe para vender multitude de obxectos, revisións das súas aventuras, páxinas web adicadas e, por si fora pouco, Spielberg e Jackson están preparando unha triloxía. Temos Tintín para rato.

Para coñecer máis sobre a vida e obra de Hergé podedes consultar wikipedia e unha páxina adicada á súa biografía

Páxina oficial de Tintín

Tintín na biblioteca

1 comentario :

Anónimo dijo...

Que ben que na biblioteca nos fan caso e compran cómics. Bueno, xa sei que en galego temos que dicir "banda deseñada". Eu penso ler todos os de Tintín.