Páginas

xoves, 12 de febreiro de 2009

200 anos con Darwin IV: A orixe das especies


A orixe das especies (1859)



A teoría da evolución que postulou Darwin tivo un enorme impacto no pensamento europeo da segunda metade do século XIX. Os principais argumentos de El orixe das especies, que se publicou en 1859 son:


1. Os tipos biolóxicos ou especies non teñen unha existencia fixa nin estática senón que se atopan en cambio constante.

2. A vida maniféstase como unha loita constante pola existencia e a supervivencia.

3. A loita pola superviviencia provoca que os organismos que menos se adaptan a un medio natural específico desaparezan e permite que os mellores adaptados se reproduzan, a este proceso chámaselle "selección natural".

4. A selección natural, o desenvolvemento e a evolución requiren dun enorme período de tempo, tan longo que nunha vida humana non se poden apreciar estes fenómenos.

5. As variacións xenéticas que producen o incremento de probabilidades de supervivencia son azarosas e non son provocadas nin por Deus (como pensaban os relixiosos) nin pola tendencia dos organismos a buscar a perfección (como proponia Lamarck).

Ademais deste libro, Darwin escribiu dous máis: Variacións en plantas e animais domesticados (1868) e A descendencia do home e a selección en relación ao sexo (1871).

A obra de Charles Darwin sentou as bases da bioloxía evolutiva moderna. E aínda que actualmente se sabe que as especies evolucionaron ao longo do tempo, aínda non está moi claro como sucedeu isto.
Se queres podes consultar as súas obras na biblioteca, tanto sobre a súa viaxe como en relación coa súa teoría.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas