Páginas

sábado, 21 de febreiro de 2009

Día Internacional de la Lengua Materna

Hoxe, 21 de Febreiro, celebramos o Día Internacional da Lingua Materna. Este día foi proclamado pola Conferencia Xeral da UNESCO en novembro de 1999. Anualmente, dende febreiro de 2000, esta data é observada co obxectivo de promover o multilingüismo e a diversidade cultural.As linguas son o instrumento de maior alcance para a preservación e o desenvolvemento do noso patrimonio cultural tanxible e intanxible. Toda iniciativa para promover a difusión das linguas maternas servirá non só para incentivar a diversidade lingüística e a educación multilingüe, senón tamén para crear maior conciencia sobre as tradicións lingüísticas e culturais do mundo e inspirar á solidariedade baseada no entendemento, a tolerancia e o diálogo.
Ao igual que as especies animais en vías de extinción, os idiomas están a desaparecer rapidamente e necesitan a nosa dedicación e interese para mantelos vivos.
Antes había entre 7.000 e 8.000 idiomas diferentes. Hoxe en día moi poucas persoas falan a maioría dos 6.000 idiomas coñecidos en todo o mundo. A metade dos idiomas actuais teñen menos de 10.000 falantes, e a cuarta parte menos de 1.000. Os lingüistas se enfrontan a unha carreira contra o reloxo para documentar moitos dos que quedan.

Si queredes saber máis consultade o portal da UNESCO ou da ONU.
Escoita o que están a facer noutras partes do mundo:
SUECIA - un cántico antigo que celebra a natureza
ARGENTINA - do abó ao fillo e do fillo ao neto
ESCOCIA - unha nova adolescente fai que o gaélico resulte atractivo á xuventude
MÉXICO - unha comunidade orgullosa de protexer a súa lingua
CANADÁ - os narradores de contos que respectan os seus antepasados
XAPÓN - loitando por manter vivos a historia e o idioma

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas