Páginas
▼
martes, 14 de abril de 2009
Abril mes do libro I: O museo do libro
A Biblioteca Nacional reinventa o seu museo para contar a súa historia e a do libro.
O antigo Museo do Libro reabre as súas portas completamente renovado nos seus contidos e estruturas, abordando a oferta educativa, formativa, cultural e de ocio da institución para o gran público e divulgando con rigor as coleccións, funcionamento e historia da Biblioteca Nacional.
Móstranse pezas emblemáticas da colección, dende gravados (Tiépolo, Goya, Piranessi) a mapas e cartografías (destaca o Ortelio do século XVI), pasando por artísticos recordatorios do XIX, obras que rotarán por unha sala iluminada con estritos 50 graos lux, para non danar as piezas. Facsímiles do códice de Metz (século IX), o Beato de Liébana ou o tratado de Maimónides mostran exemplos das marabillas que a Biblioteca garda nas súas cámaras. Nos seus 1400 metros cadrados de pavimento ilumínanse os fitos desta historia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas