Páginas

mércores, 10 de xuño de 2009

Recomendacións para o verán...



Dí Xabier P. Docampo que


"sen dúbida, o acto máis sublime de amor que eu coñezo é contar unha historia"


e pensándoo ben, así ten que ser porque ese acto de xenerosidad que tiñan os nosos pais e nais cando de pequenos íamos para a cama con un conto, aquelas historias que nos contaban o avó ou a avóa de cando eran nenos, historias tradicionais, lendas... e que despois non nos deixaban pegar o ollo ou nos facían voar... todas son mostras de amor.

Ou pensades que calquera vai pararse na rúa para contarnos un conto sen coñecernos!

Pois ben, no grupo da biblioteca temos algunha idea de historias para pasar un verán entretido, non é que vos amemos... pero como nos caedes ben, aquí tedes unha selección das lecturas que lles recomendariamos aos que queremos. Por que non aproveitala para vos tamén!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas