Páginas
▼
luns, 11 de xaneiro de 2010
50 anos sen Albert Camus
Levamos 50 anos sen Albert Camus, pero tamén 50 anos nos que a obra de Camus multiplicou a súa presenza pola renovada actualidade da súa mensaxe, xa que os acontecementos das últimas décadas nos seguen confirmando que a historia é filla bastarda da violencia, pero tamén vimos o triunfo do home rebelde coa caída do Muro de Berlín e algúns outros muros polo efecto dominó das enerxías liberadoras.
En Francia cualificaron este 2010 como o Ano Camus, xa que se cumpren 50 anos da súa absurda morte. Foi neste mes de xaneiro, exactamente o día 4. Pasara o Nadal na casa que comprara en Lourmarin, uns meses despois de recibir o Premio Nobel, coa súa esposa, Francine, e os seus fillos xemelgos, Jean e Catherine. Tiña o billete de regreso a París en tren coa familia, pero encontrouse co seu editor e amigo Michel Gallimard, que se comprara un flamante Facel Vega e convenceuno para que viaxase con el. Conducía Gallimard; ao seu lado, Albert Camus; detrás, a esposa e unha filla do editor. Circulaban por unha recta sen sobresaltos, de pronto o coche deu un bandazo, saíuse da estrada para estrelarse contra un plátano, onde rebotou para ir a partirse en dous contra outra árbore. Camus morreu inmediatamente, Gallimard cinco días despois, as dúas do asento de atrás salváronse. Camus escribira moitas reflexións sobre o absurdo e situaba a morte en accidente de automóbil como un dos exemplos típicos do absurdo. Tiña 47 anos e facía pouco máis de dous que obtivera o Nobel de Literatura... (ler máis en El periódico.com)
"Un home do sur" vía EL País.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas