Páginas

venres, 23 de abril de 2010

Día do Libro 2010



O 23 de abril de 1616 falecían Cervantes, Shakespeare e o Inca Garcilaso de la Vega. Tamén nun 23 de abril naceron - ou morreron - outros escritores eminentes como Maurice Druon, K. Laxness, Vladimir Nabokov, Josep Pla ou Manuel Mejía Vallejo. Por este motivo, esta data tan simbólica para a literatura universal foi a escollida pola Conferencia Xeral da UNESCO para render unha homenaxe mundial ao libro e os seus autores, e alentar a todos, en particular aos máis novos, a descubrir o pracer da lectura e respectar a insubstituíble contribución dos creadores ao progreso social e cultural. A idea desta celebración partiu de Cataluña (España), onde este día é tradicional regalar unha rosa ao comprador dun libro.

Este ano, o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor celébrase no marco do Ano Internacional de Achegamento das Culturas e estas son algunhas das iniciativas que están a levarse a cabo.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas