Páginas

venres, 7 de xaneiro de 2011

O blogfesquio...publica


Os Reis Magos trouxéronnos a Revista Galega de Educación, publicación de Nova Escola Galega que adícalle o monográfico do seu número 48 ás Bibliotecas Escolares.

Tal e como coméntannos no blog das Bibliotecas Escolares, este monográfico recolle artigos de bibliotecas escolares galegas, repartidas por todo o país, ilustrando cada un deles un aspecto dos moitos que presentan na actualidade estes importantes recursos educativos. En conxunto, debuxan un panorama rico e diverso. Complétase con artigos introdutorios de Manuel Area e de Pilar Sampedro e Cristina Novoa, que coordinaron este monográfico. As visións dun ilustrador, unha inspectora e un director de centro completan esa visión panorámica do que hoxe representan as bibliotecas escolares. Inclúe unha entrevista ao profesor Juan Mata e unha listaxe de recursos bibliográficos impresos e electrónicos.

Resumos dos artigos onde atoparedes o noso do que vos deixamos unha copia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas